jueves, 16 de abril de 2009
Como recordo... as cenas de neno.
Recordo cenar moitas veces ovos pasados, facerlle un buraco por unha esquina e mollar con moito coidado pan. Despois raspalos cunha cucharilla. Tamén recordo cenar patatas fritas con salsa de tomate natural, e tortilla de patata cunha ensalada de leituga e tomate. Miña nai sempre nos deu cena de plato...As cenas de neno duraban todo o que podía, pois era tempo que gañaba para ver a TV e retrasar o momento de ir dormir. Así, despois da cena sempre pedía leite, e este sempre estaba quente, moi quente, o suficiente para sobrepasar a hora de ir dormir.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario