lunes, 9 de marzo de 2009

Como recordo... a Guardería.

Recordo a Guardería como espacio. O aula cos seus pupitres, chea de luz. A disciplina das monxas, a hora do recreo nos columpios, no patio se chovia. As excursións coa Irmá Mariluz, sempre entre a natureza. A Guardería cheiraba a merenda, colonia Nenuco, polvos de talco... Non recordo moito alboroto, pero si imaxes soltas... e por certo un recordo histórico inborrable no mesmo espacio... entrar unha monxa nun dos pavillóns gritando... Madre, madre el Santo Padre, el Santo Padre!!!.. ese día atentaran contra a vida de Xoan pablo II. Xa non estaba na Guardería era 13/5/1981, non sei que facía alí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario