lunes, 9 de junio de 2025

Como recordo .. o Torneo San Bernabe Torrelavega 2025 Futbol 11

Recordo que era a segunda vez que acudiamos a este Torneo. A primeira fora como Alevin B. Recordo que os nenos marcharon o Venres a primeira hora da maña. Alguns pais saimos de seguido. Co paso dos anos a relacion entre pais iase consolidando e voltandose mais racional. Pasamos desa unión inicial tipo comuna a que temos actualmente, na que todos imos soportando os nosos diferentes puntos de vista e intereses, e por contra tratamos de disfrutar das viaxes o marxe do futbol. Asi tomamos direccion Suances indo direccion Benavente, Leon, Riaño, cruzar hacia Guardo e Aguilar de Campoo para chegar media tardes a Tanos para ver o primerio partido. O ir 20 nenos convocados nos partidos de fase de grupo repartianse os minutos. No primeiro David estivo ben, xogando con calidade. O equipo pecaba de individualismo, cada un buscando o seu gol. David sigue necesitando o reforzo do entrenador para asumir responsabilidades como o balon parado. Se da con un compañeiro mais ambicioso, perde a disputa, retirase. No segundo partido, con pouca esixencia, estivo normal, ten que buscar mais paredes na frontal da area, e mais pausa no derradeiro pase. No terceiro partido, como ainda non marcara, tentou chegar mais arriba, semella que se non marcas non o estas a facer de todo ben, as veces un gol disimula moitas carencias. No cuarto partido, queixabase de certas molestias (poida que asociadas o cremento) ou eran un escusa para o seu rendementeo mas regular con mais imprecisions. As veces, o feito de non brilar, xeralle presion, asume mais riscos, nunha situacion de dubidas, co cal a posibilidade de erro disparase e todo descontrolase. No partido mais complicado do grupo, seguiamos sen atopar un futbol fluido, co cal David non destaca tanto, pero el estivo determinante. A sua cabeza en bastantes ocasions tornase nun saboteador interno. Cada erro, e un mala cara, un xesto de frustracion... con cal entra nunha espiral.. o mellor modo de combatilo e limitar os factores de despiste: espinilleras atada e ben colocadas, quento ben, con interes, visualizando o que quero que suceda.. e cando estou no campo, estou atento as sensacions, se todo flue perfecto, seno futbol fácil, que sendo tecnico non deberia ser problema. Recordo que a fase de grupos do sabado xogamola en Reinosa, e aproveitamos para visitar Fontibre. Recordo que o dia seguinte tocaba eliminatorias. A primeira superamola sen problemas contra o Eibar e a segunda contra o Young Boys. David estivo ben, dando equilibrio o equipo e canalizando o xogo de ataque, lucirse como a el lle gusta pero ben. Na semifinal contra o Oporto, chegou algo canso e dende o inicio noteino contrariado. Recordo que en el era habitual, que cando escomenzaba o intuir que o seu papel ia ser correr e facer coberturas, semella non ser feliz xogando o futbol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario