jueves, 21 de noviembre de 2024

Como recordo .. o salto de David a Futbol 11

Recordo que era a etapa de 12-13 anos... o campo crecia moito, algo mais do doble, e tamen numero de xogadores, asi como o tempo de xogo. Por unha parte aumentaba a complexidade pero por outra con mais espacios había mais marxe de erro. Con todos estes cambio a esixencia fisica aumentaba, con cal, a partires de este ano escomenzaron a traballar no ximnasio, imaxino que para gañar resistencia, forza e reforzar os desequilibrios do crecemento nesta idade. Os nosos xogadores, e polo tanto os nosos equipos, eran algo debiles fisicamente cando se enfrentaban con equipos do resto da Peninsula. Este traballo a David viñalle especialmente ben, pois fisicamente estaba por debaixo da media, co cal so podia igualar cunha mellor tecnica, cando lle daba, que non era sempre. Por outra parte os entrenamentos tamen escomenzaronse a complementar con entrenamientos individuais sobre aspectos tacticos de cada posicion e incluso cun traballo mental. Asi e como David tivo a primeira entrevista con psicologo. Polo que me comentou era uruguallo, co cal gustaballe o seu xeito de falar... polo que me comentou, preguntoulle como se definia como xogador. Nas suas palabras dixolle "teño habilidade para o pase, para atopar espacios, teño un bo un contra un, e bos recurso para sair da presion.. ademais teños resistencia".. aparentemente, non sei se por confesion sua ou por datos anteriores.. dixome que falaron de tecnicas para xestionar a frustracion, como parar un pensamento negativo, para pensar nunha alternativa positiva... exemplo que anotou.. nos marcan un gol, pois analizamos que algo non estamos facendo ben, non pasa nada, imos tentar cambialo... de tratar de ocupar a mente con pensamentos positivos: imos facelo ben, voume superar, vou a aprender, ti podes, subir os brazos, son bo, non me rindo, isto ainda non terminou....

No hay comentarios:

Publicar un comentario