jueves, 7 de octubre de 2021
Como recordo ..ler " Gabriela, canela y clavo" de Jorge Amado.
Recordo que chegei a esta lectura da man de Marcelo, profesor meu de filosifia no Instituto Manoel Antonio, unha desas persoas coas que apenas tiven relacion durante a etapa de estudiante pero que pola sua singularidade de espiritu libre quedan arraigados na tua memoria. Por circunstancia da vida voltamos a tropezar e retomar e reforzar ese esbozo de relacion alumno-profesor, como se non pasara o tempo e co mesmo espiritu critico. Buscando lectura decidin pedirlle consello e suxerencias e así me contestou " le a obra de Jorge Amado en portugues do Brasil se queres reconciliarte coa Humanidade. Un mundo desaparecido pero que vive na nosa mente dun mundo mais humano. Acompañado da musica de Vinicius de Moraes e Toquinho ou Chico Buarque".. fixenlle caso parcialmente. Decidin le "Gabriela, canela e clavo" pero en castelan e sen acompañamento musical... cautivoume.. a obra mergullate no Brasil mais profundo, na orixe dunha cultura chea de matices, coas suas contradiccions, coas miserias humanas mais profundas, e os sentementos tamén mais profundos.. amor, paixon, sensualidade, ambicion, amistade, honestidade, odio, perdon, brutalidade, .. a lectura coutivate simplemente activando os 5 sentidos coas palabras para adentrarte nun mundo que durante a sua convertese no teu mundo..
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario