martes, 14 de septiembre de 2021

Como recordo.. a primeiro partido que vin de David coa camiseta do Celta

Recordo que xa levaba uns 20 dias entrenando. O primeiro partido disputarao contra o Rapido de Bouzas e gañaran 10-0 e non puden acudir a velo. Esta vez o rival era o Arosa, e o mesmo resultado 10-0. A superioridade técnica, física e táctica era moita. Pronto se puxeron con ventaxa e o rival creo que en todo o partido non chegou a tirar a porta. No que respecta a David, non saiu de titular, xogou co 7, duas medias partes. Xogaban con 1-3-2-1, e xogaba de medio-volante cerrado, entre liñas.. non entraba en xogo todo o que estaba acostumado e apenas se daban situacions de 1 contra 1, con tanta superioridade o futbol consistia en ir movendo o balon de un lado a outro.. acabou marcando un gol.. e por momentos cometeu algun erro por non estar metido no partido.. de feito xogou mellor a primeira fase que a segunda, pois o non ter tanta presencia como acostuma, por momentos semellaba desconectarse.. son situacions coas que ten que aprender a convivir, e as cales como pai teño que vixiar, pois intuose o que me imaxinaba. O Celta nas competicions domésticas apenas compite, co cal os nenos non chega a enfrentarse con situacions de partido complexas.. o facil e facer un futbol de control sen riscos e poucas situacions de encarar.. teño que buscar outras alternativas onde poida crecer individualmente e poñer en práctica o que entrena. Como imaxinaba o importante esta nos entrenamentos, onde se percibe un nivel mais alto e onde escomenza a familiarizarse con novos conceptos de futbol... iremos vendo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario