sábado, 8 de mayo de 2021
Como recordo... ler "El Factor Humano" de John Carlin
Recordo que no frenesi lector do momento buscaba con interese ler biografias ou libros semellantes sobre persoeiros inspiradores, como Nelson Mandela. Atraiame le o libro, ainda que xa vira a pelicula, por certo unha boa pelicula. Nelson Mandela, a sua arrebatadora personalidade cautivate a través das letras. A descripcion da sua vida e da sua resposta ante as circunstancias atrapate irremediablemente. Vivir 27 anos encerrado, renunciando a tua familia, a ver crecer os teus fillos, nun reducido espacio, sufrindo o desprecio, e ainda asi, non perder a dignidade. Reformular e fortalecer as tuas conviccions por non cesar na loita por unha igualdade entre blancos e negros... perdoar, renunciar a tua vida personal, tender a man o teu inimigo, con confianza e dende un trato amable... respetar os seus simbolos para que respeten os teus.. perder para gañar.. Nelson Mandela ensinou a humanidade que existen outras vias para a revolucion, outros camiños para rescatar a bondade que cada ser humano agocha no seu corazon, sempre dende a confianza e o pensamento positivo... "El Factor Humano" ou a vida de Mandela deberia ser coñecida e ensinada en todolos centros educativos, asi como outras vidas, como inspiracion e referencia das novas xeracions...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario