viernes, 4 de septiembre de 2020

Como recordo... a crise de Gota de meu pai.

Recordo que me chamou meu irman para dicirme ¿tes visto como esta Papa?.. foi durante a pandemia e levaba dias sin velo. Parece ser que apenas se movia. Eu comenteille que levaba vendo nel que perdia mobilidade e tiña dificultades para camiñar. El resistiase a ir o medico por medo a que se confirmasen os presaxios, de que tiña a enfermedade de seu tio e se pai, Parkinson. Recordo que unhas navidades vendo que tiña un brazo inmovilizado e a man inchada leveino a urxencias. Entramos mintindo e saimos sin unha conclusion clara, algo de artrosis e visita o traumatologo. Por veces tiña coxeado, e decia que era dun golpe, ou algo de acido urico e que estaba tomando unha pastilla. O final todo isto desencadenou nun colapso de acido urico. Na primeria visita a urxencias descartaron o Coronavirus. Paracetamol e para a casa. Forte dor. Na seguinte xa deron co problema, tratamento en urxencias con mellora pero fortes dores na casa. Volta de novo o hospital e ingreso. Tratamento mais longo e volta progresiva a normalidade. Cando levas 2 anos sen facer unha analitica, alimentandote mal e sen ningun tipo de tratamiento, estas son as consecuencias. As veces resulta dificil de entender como unha persoa pode deixarse ir de tal maneira aguantando a dor de maneira inxustificada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario