lunes, 31 de agosto de 2020
Como recordo ... plantar patatas
Recordo que desde ben neno axudaba nesta faena, As veces o campo estaba labrado, diso encargabase Manolo co seu trator...as veces a terra quedaba dura, chea de terrons e pasabaselle unha grada.. Recordo que meu pai ia facendo os regos e eu coas mans, sin guantes ia estendo abono que si era cachicha das galiñas desfaciase ben, pero si era de vaca habia que ilo desfacendo.. con medida de un pe ia colocando as patatas, sempre cos ollos para arriba.. de vez en cando colocabamos unha fila de verdura.... era un traballo manual que levava o seu tempo.. outras veces cando se votaban en terras mais traballadas, xa non se labraba e meu pai abria rego e votaba parte das hervas levantadas e eu facia o proceso de sempre
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario