domingo, 17 de junio de 2018

Como recordo... o día da miña Boda.

Levanteime cedo. Como de costume fun correr un pouco, ben abrigado para sudar.
Recordo ir correndo hacia as Pozas, notando o fresco dunha maña que amencera expléndida.
Voltei con tempo para afeitarme. Corteime afeitandome, vaia día para facelo.
A casa a esa hora estaba vacia, todos foran a peluquería. Nese silencio recordo que fixen varias viaxes o pasado.
Cando crin conviente empecei a vestirme. Sempre pensei que ía estar rodeado como un toureiro e non foi así, fixeno só sen ninguén para aconsellarme e axeitarme. Co paso do tempo comprendín que ese día estaban todos maís nerviosos que eu.
Vestinme como poiden, e así foi que o cobatín leveino mal posto e o chaleco mal axustado.
Co paso do tempo a casa foise enchendo de xente. Todos entrando e saindo por todos lados. Regalos por aquí, bicos por alá.
Marchamos con tempo para Iglesia. A min levabame Juan nun Nissan Primera, a noiva meu irman nun Renault Vel Satis.
A igrexa cando chegamos estaba vacia, aberta pero vacia. Tan so na porta agardaban meu xefe e un compañeiro coas suas esposas, un tanto extrañados coa escea.
Tamén eu sentinme extraño o entrar nunha igrexa vacia collido da man da madriña. Aquilo parecia un ensaio.
A medida que se achegaba a hora foise enchendo de xente.
Da ceremonia os recordos confundense coas fotografías.
Tiña a sensación de non estar nervios, pero as mans suabanme unha barbaridade. Tiña os ollos abertos pero non via a ninguén.
A saida houbo un grupo de gaitas para recibirnos, feito este que me emocionou, pois non contaba con el. Nese momento estiven espabilado para organizar a xente para facer unhas completas fotos de familia. O sol a esa hora esconderase tras un manto de bruma típico de Agosto.
Dali saimos pitando para facer as fotos en Valenca. Tan pitando que perdemos de vista a fotografa que ía nun vello Peugeot 106. De repente atopamanos sen fotaografa e sen forma de localizala. Despois de moitas voltas tivemos a fortuna de atoparnos, senón houbesemos quedado sen fotos.

A repotaxe fixemola o noso criterio, buscando os encuadres que maís nos gustaron.

En xeral, todo saiu ben. O único pero e que nos retrasamos máis do debido e cando chegamos os invitados xa estaban impacientes por comer.

A comida foi alabada por todos. Animada. Cun bo baile.

Recordo que do grupo musical houbo algún detalle que non me gustou pero non recordo exactamente cal.

A atención de todo o persoal foi xenerosa.

Capitulo aparte merece o comportamento de meu fillo.

Na igrexa estivo correctisimo, moi atento e no seu lugar.

O día do evento fixeramolo coincidir coa celebración do seu cumpleaños, co cal tamén se sentiu protagonista, sobre todo cando todos lle cantaron o "Feliz Cumpleaños".

Un día para enmarcar que discurriu sen ningún incidente desagradable.

Da noite de bodas falarei maís adiante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario