martes, 29 de agosto de 2017
Como recordo a viaxe As Azores - Sao Miguel
Como recordo a viaxe As Azores - Sao Miguel
Dia 1. Este ano tiveramos dudas de si viaxar ou non. Os problemas con Sergio fixeran que fora retrasando as vacacions pois non sabiamos que facer, pois por unha parte cria que era bo pasar un tempo con el pero por outra pensabamos que el non o queria pasar con nos. Eu non me facia a idea de pasar unhas vacacions sin el. Sempre viaxara con eles a todos lados, pois facian parte da miña ideas de abrirlles portas o mundo para que eles nun futuro sentisen esa mesma atraccion de descubrir mundo e de comprobar os matices que ten a Terra que habitamos e que non hai quen de porlle fronteriras a ilusion. Finalmente Sergio non quixo viaxar. Tentamolo ata o derraderiro momento. Comprara billete para el e collera habitacion para 4. Non pudo ser. Eu marchaba tiste...Saimos de Vigo o dia 21 as 18h direccion Lisboa. Dia de calor intenso en Vigo, quizais o mais caluroso do ano. Tomamos direccion Lisboa por autopista. Paramos en Fatima a tomar algo e a ver o Santuario. Compramoslle un rosario para Sergio e unha pulsera para David. Seguimos direccion o Hotel. Reservara un hotel en Amadora. Os precio en Lisboa estaban polas nubes e non me queria complicar. Canto máis cerca do aeroporto mellor. O Hotel horrible, o peor que recordo. Hotel Residencia grande sen nengun tipo de inversion en reforma. Mezcla de cheiros, condensacion, desgaste nas portas, mal pintado, cafeteria asquerosa.. non se salvaba nada.. cada dia entendo mais o tema Booking.. cada un puntua según as expectativas.. era para durmir e malamente durmimos...Residencial Jardim Amadora.
Vuelos Easyjet 817. Alquiler coche ANC 174. Gasoe 48. Autopista 32. Tomar 7.85. Cena 5. Hotel 90. Regalos 11.
Dia 2. Tocou madrugar, as 4:30. Durmin pouco pero profundo a pesar da calor, condensacion etc... direccion o aeroporto 9.5km,, buscamos a direccion de Easypark. Moi atentos. Levaronos a T2 do aeroporto. Sensacion de vello, e algo descuidado, non ten nada que ver con Oporto. Voabamos con EasyJet, avion ben aproveitado, na ida primeira fila e na volta quinta fila. Saimos puntuais as 6:40h. O bo foi tranquilo. Chegamos a Ponta Lagoa cunha temperatura agradable. A Illa recibiunos cun cheiro entre humidade e vacas. A illa ten 2 hora menos que España, de ai que chegaramos pronto a todos lados o principio.Agardamos que nos viñera recoller a xente de ANC. Fomos o punto de recollida a polo coche, un Fiat Punto Gris oscuro sen tapacubos, mais amplio que o contratado. O primeriro contacto con Punta Delgada e cidade tipica portuguesa con esas casas de pedra negra, parcialmente pintadas e suelos adoquinados con mimo.Chegamos o hotel as 11 da maña. Comercial Azores Guest. Dentro do casco urbano e con plaza de aparcamento que lle da a vida. Edificio antiguo pero ben restaurado, recepcion cuidada e sensacion de orden e limpieza. A habitacion ainda estaba sin preparar co cal fixemos algo de tempo na rua e tomando uns tes nun local cercano... atendeunos unha rapaza negra que falaba un bo castelan, pois comentounos que tiña moita aficion o Flamenco..as 12 horas a habitacion estaba preparada. Collemos algo de roupa e saimos a visitar. Direccion Mosteiros, todo pola Costa co Oceano sempre a nosa izquierda. A illa e un constante rosario de Hortensias azuis o carón da carretera, no sei se por decoracion, para facer de balado, muro etc...asi chegamos a Punta da Ferreira, visitamos o faro por fora e fomas hacia as suas termas e piscina naturais. Cando o mar non che regala prais, tes que te conforma coas piscinas entre as rocas e habilitalas para o baño. Por todos lados notabase o caracter volcánico da illa. Bañamonos, e o primeiro contactos coa auga foi agradabel, non sei a razon pero nesta parte o Oceano esta mais quente que en Galicia.. Fixemos fotos. Facia calor. Tomamos direccion Mosteiros para comer. Xa era tarde. Fomos o Restaurante O Americo. A tope. Tivemos que esperar unha hora. Aproveitarmos para ir bañarnos a praia do pobo. Chea de surfistas e perigrosa. Area negra, moita pendiente e olas envolventes. O socorrista estaba ben equipado, incluso cunha polea para arrastrar.. Comemos tarde. Mexilons a vinagreta a grelha, polvo feito tipo luras e polo asado... 34 euros.. tomamos un cafe na praza do pobo 1,10.. e pasamos a tarde nas piscinas naturais de Mosteiros. Pasamolo ben saltando das rochas e bañandonos. De aí tomamos direccion a Sete Cidades. Recorrido espectacular. Montaña verde preciosa. Chea de vacas e excelentes pastos ca sempre presencia das hortensias. Chegamos os lagos e aproveitamos para facer fotos neste entorno privilexiado.. seguimos cara o mirador Vista do Rei, na procura da foto al lagoa azul e a verde. No alta unha mancha de especulacion inacabada... decidimos a acudir a Caldeira Velha para bañarnos nas augas sulfurosas de noite. Non tiña moi claro por onde ir, co cal decidimos subir por a Lagoa de Fogo sen resultado pois foise pechando a noite e voltamos hacia Ponta Delgada. Habia unha procesion de tambores. Ceamos nunha pizzeria, barato e ben. Hotel 140. Desaiuno 8,5. Super 7,8. Comida 34,5. Cafe+helados 3,9. Cena 18,5.
Dia 3.Cando espertamos o calor era intenso na habitacion, humido e fora chovia con forza, unha choiva que semellaba tropical e que batia no patio interior do hotel. Levantamonos para ir a desaiunar. Pedimos consello a unha señora do pobo e acertamos. 7.50 euros por un cafe, 2 tes, un sandwich en pan especial e tostadas con mermelada. Recollemos todo para tomar direccion a plantacion de piña, as estufas de piña. Invernaderos onde se cultivan piñas, proceso que dura entre 18 e 24 meses. Enterrase a raiz, brota, axudase con calor de pequenas fogatas de fume, cortase o fruto, desfollase e voltase plantar, a unida vendese a cerca de 5 euros. De aí collemos direccion Riberira Grande, mais ben Ribeirinha onde reservara o Hotel Vila Laura. Asi como do primeiro hotel tivera dubidas, deste polas criticas ía moi convencido. Acollida extrañamente amable, problema de comunicacion e o dono comentanos que reservaramos unha tenda de campaña en un xardin por 130 euros. Non entendia pero empezaba a entender. O señor tiña unha casas con xardin e ali montaba 4 tendas de campaña. Increible e gracioso. Dende o primeriro momento mostrouse receptivo a cancelar sen coste, queixamonos pero que iamos facer. Buscamos outro hotel e atopamos o Vip Executive en Punta Lagoa por 129 euros a noite. Ala fomos. Comemos na Taperia Acor. Tabla de queixos e petiscos tipicos (zorza, mollejas, carne..) regular, por 22,50 euros. Tomamos uns cafes e un xelado por 3.70 euros. Platanos 1.10 euros. Pasamos polo hotel a facer o checking. O Hotel era o tipico hotel de comerciais, algo usado, cunha atencion millorable pero confortable. Recollemos unhas toallas e marchamos para Caldeira Velha. 4 euros a entrada. Un regalo. Era como estar nun bosque tropical, vexetacion impresionante, rios e o final fervenzas de augas quentes. Cascada natural de auga templada e piscinas de auga quente. Fixemos fotos e pasamos unha hora de descanso. De ai ata Caldeiras. Sinxelo balneario antigo no epicentro das furnas. Auga quente por todos lados e furnas para facer os tipicos cocidos. Explicacion da natureza volcanica das illas. O 44% da enerxia e geotermica. Baixamos cara Ribeirinha e de aí a Ribeira Grande. Localidades de aspecto mais humilde e con unha liña de costa moi apta para o surf. Xa anoitecia e fomos ata a praia de Santa Barbara e de aí a localidade de Rabo de Peixe, oscura, semellaba que a xente xa estaba toda durmindo, menos uns rapaces que estiraban sedal no porto. Voltamos a Punta Lagoa para cear en Casa Marisca, un salpicon de polvo e un tella con chicharro, atún, tiburón, calamar e acompañado de verdura. De postre piña. Normal. 34.5 euros.Desaiuno 7,15. Hotel 238. Comida 22,5. Cafe+helado 3,7. Platano 1,1. Cena 34.5. Entradas 4.
Dia 4. Decepcion tras decepcion con booking, algo esta mudando o xeralizarse o servicio. Pensara ter o desaiuno incluido coa habitacion e non, poñia "desaiuno disponible", ambiguedades. Tivemos que buscar un sitio donde desaiunar, por 6,70 euros. Tomamos direccion Lagoa pola costa, detendonos nalgun miradoiros, de aí ata Lagoa para parar no seu porto e botarlle un ollo a algun restaurante proximo para comer peixe grelhado. Seguimos pola costa cun dia esplendoroso de calor. Chegamos a unha praia moi bonita en Caladoura. Bandeira amarilla. O vixiante advertiunos de que esa maña avistara un pequeno tiburon. Xogamos algo coas olas para refrescarnos. Seguimos ata o porto de Caloura. Bonita sorpresa. A xente bañandose no muelle que contaba cunha pequena piscina. Pasamolo ben nadando e tirandonos do muelle. David e un campeon que aprende deprisa. Xa frescos seguimos disfrutando da costa ata chegar a Vila Franca do Campo. Dubidamos onde comer, ata encamiñarnos o porto e comer no Estrela do Mar "o de Jaime". Sitio privilexiado encima do mar e con amplia carta a grelha. Tomamos chicharos a grelha e frango a angoleña, con cafe, unha queixadela e helado. Total 26.40 euros. Rico.Acabamos de comer e demos un paseo polo seu porto, chama a atencion como cambia o diseño dos barcos de pesca de un sitio a outro, os desta zoa lembrabanme os de La Tormenta Perfecta, imaxino que para adaptarse as condicions climatoloxicas de cada mar. Durante comida chamoume a atencion o ir e vir continuo da xente nunhas barcas, pouco despois descubrin que estas levabanas a un illote cercano que tiña unha pequena lagoa interior para bañarse. Paramos nas plantacions de bananas da zoa e seguimos pola costa. A illa ten contrastes climatoloxicos e ecoloxicos, a vexetacion vai mudando de unha zoa a outra. Asi chegamos a Lagoa das Furnas, dentro de un gran parque natural, ben cuidado, precioso. O lago en parte esta verdoso.Hai unha zoa de caldeiras que impresiona, con auga burbulleante a altas temperaturas, tes a sensacion que en algun momento algo vai explosionar. Hai unha parte habilitada para preparar os cocidos, onde os restaurantes de zoa fan o seu negocio. Chegamos ata Furnas, localidade balnearia. Quixemos acceder o seu parque pero xa ia pechar, eran a 18h. O precio 8 euros por persoa. O redor do pobo saia fume por todos lados, habia caldeiras aqui e ala, co cal o cheiro era omnipresente. Continuamos camiño ata Povoacao. Celebrabanse na localidade uns concertos patrocinados por Nissan, con moitos mozos acampados perto do campo de futbol. O pobo non tiña moito que ver. Tentei buscar unha carretera que nos conducese a Nordeste e non a atopei, asi que regresamos por onde viñemos e desvieime ata Ribeira Quente. A carretera ia por un val o caron do rio, notabase que era unha zoa de moitas choivas e auga, cada pouco unha cascada aparecia a cada lado da carretera. O pobo tiña pouco que ver, achegamonos a zoa balnear pero o vento frio fixonos retirar. Tivemos que voltar polo mesmo camiño ata Furnas e paramos outro pouco a comtemplar o especaculo das caldeiras.Regresamos pola montaña hacia Ribeira Grande e de aí a Lagoa para cear nun dos restaurantes do porto, o Borda d´auga. Lapas tipicas da zoa. Boca Negra a grelha. Pan . Mouse de ananas. Camomilla. 2 cañas. 34,5. Ben. Desaiuno 6,7. Comida 26,4. Helado 2. Entrada 1,5. Cena 34,5.
Dia 5. Abandoamos o Vip Executive non sin antes subir a sua terraza onde tiña unha pequena piscina. Levantamonos tarde pois David non durmira ben, con picores espertou varias veces. Voltamos a desaiunar o sitio de sempre, ben. Fun pagar unha multa que me puxeran de parking, 6,60 euros. Tomamos direccion a Ruta do Cha. Xusto a lado da carretera, direccion Nordeste atopamos a fabrica de Cha Gorreana, un museo do cha en funcionamiento. Ali podes ver as plantacions, como recollen a folla, como a estruxan, como a oxidan, como a secan e como a desfan, para logo embasala. Teñen zoa de degustacion e venda. Hai cantidade de utensilios moi antigos. Fixemos algunhas compras. Co tempo xusto voltamos para Ribeira Grande para comer no Restaurante da Associacion Gandeira. Comemos unha carne moi rica. Sopa do dia 1.5, 1/2 Bife o estilo do Restaurante e Bife con queixo da zoa. De postre tarta de manza cunha bola de xelado. Total 35 euros. Comida rica. O dia estaba encapotado. Decidimos percorrer a costa. Primeira parada Porto Fermoso, nada espectacular. Visitamos a praia dos Moinhos. De aí seguimos hacia Nordeste. Esta liña de costa parecese a asturiana hacia Galicia. Cicatrices feitas por rios que morren no mar. Costa chea de acantilados. Verde, moito verde. Asi chegamos a Nordeste que ten unha zoa balnear artificial pegada o mar. Aproveitamos para botar un pouco de gasolina a 1.40 euros, o precio e uniforme en toda a illa. O gasolinero indicounos como ir hacia o Faro de Anel e o seu pequeno porto. Atopamolo facil o ver xente que baixaba camiñando. Aparcamos arriba e iniciamos o descenso. Non arranque meu de espabilado decidin dar volta para coller o coche, a miña sorte foi ver un cartel de costas dun 35%, aconsellase baixar andando. Houbese faito a torpeza da viaxe. O descenso era terrible, cheo de curvas cerradas e sempre coa ameaza do acantilado, sen posibilidade de maniobra ata o final. A medio camiño estaba o faro e mais abaixo un pequeno porto. Na ladeira habia pequenas casas de pescadores restauradas para pasar o fin de semana. Con sorpresa vimos como baixaba un Citroen Berlingo de mais de 10 anos, alguna das curvas facia en 3 rodas. Asi chegamos o porto. Habia un home pescando, entrabanlle de seguido peixe pequenos tipo sargos. Incluso deixaron a David bota a cana e colleu un.Voltamos con esforzo, pois a subida as traia. Cheguei sudando arriba, outra proba da fortaleza de David, el por momentos incluso corria. Fomos darnos un baño a zoa balnear. De volta paramos en Ribeira de Calderoes, pequeno parque natural con muiños, unha cascada alta e moita vexetacion, e a palabra Trilho. Paramos en Riberira Grande a comprar piña, bananas, iogur da zona. Esa foi a cea. Decidiramos voltar cedo para durmir. Hoxe tocaba en The Lince Hote. Bo hotel con boa atencion.
Dia 6. Esta viaxe ademais de todo o pouso que deixa cada viaxe, deixame ademais algunhas experiencias para o futuro. A diferencia inexplicabel de precios nos hoteis, como fluctuan os precios segun a demanda, a informacion oculta entre liñas cada vez mais presente, as moita cancelacions de reservas sen previo pago, a valoracion que depende moito das expectativas que o cliente teña...Esta noite dormiramos no The Lince Hotel por 108 euros con desaiuno incluido.. Hoxe tocaba voltar o hotel da primeira noite e pagar 150 euros. Ata o recepcionista extrañaballe o precio cando lle paguei e asi llo fixen saber. Fixo algo de teatro e devolveume 25 euros, ainda asi carisimo. No momento que o reservei fun casi a desesperada pois non quedaban habitacions, quizas si houbera estado atento as anulacion houbese atopado algo mellor.. para outra vez. Pasamos a maña visitando o mercado con moita oferta en frutas, legumbres, flores, peixe...decidimos voltar a Caloura a disfrutar do mar. David con 5 anos tirandose do porto como un mais sen medo... comemos algo de fruta o caron do mar e decidimos ir camiño da Lagoa de Fogo, Espectacular recorrido cheo de pastos e vacas e espectacular o entorno da Lagoa. A esta accedese por uns sendeiros, e esta prohido nadar na Lagoa. Seguimos ata Caldeira Velha para voltar descansar nas suas augas quentes. Visitamos as Capelas e outra piscinas naturais da zoa. Facia vento. O tipico dia con catro estacions. Voltamos cear o restaurante da Asociacion, segunda partes nunca foron boas, perdes o efecto sorpresa... Hotel 125. Cena 35.5. Entradas 4. Regalos 15.5. Gasoe 49.
Dia 7. Cos nervios do regreso e a humidade, apenas durmimos. Levantamos cedo para ir devolver o coche e chegar o Aeroporto con tempo. Boa atencion a de ANC Rent a Car e Easyjet. Chegamos a hora a Lisboa. O aeroporto de Lisboa e de por si algo caotico e este dia amais habia moita xente. Agardamos que nos viñeran recoller para retira o coche. Trato correcto. Iniciamos o camiño de volta e paramos a comer en Alberca unhas hamburguesas artesanais. Ben. O regreso foi rapido, David durmiu todo o camiño. Autopista 30. Gasoe 30. Comida 22.5. Desaiuno 2.6.
Conclusions. Gastamos 2298,5 euros. Moitos cartos. E o que ten programar as cousas sobre a hora e pagar por ir 4 sendo 3, pero, cada dia estou mais convencido que as cousas hai que facelas cando as podes facer e tes enerxia para facelas, co cal ¿de que arrepentirse?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario