sábado, 23 de enero de 2016

Como recordo... os 15 anos do meu fillo

A relacion co meu fillo entrou nunha cienega sentimental, rodea de balados de absurdo orgullo por ambas partes. Cegadas por un silencio imposto por un pulso a morte entre dous machos alfas incapaces de saltar o outro lado e buscar o outro punto de vista. Sergio foi un neno tranquilo, con gran capacidade de observacion, criado nun ambente emocional difícil, cheo de contrastes. O meu caracter cercano a excitacion foino sacando do seu remanso de paz. Ainda lembro como se estremecia ante as broncas. Son consciente que esa sensibilidade a flor de pel, forxou un caracter reservado con tendencia a ocultar sentementos,e incluso a revelarse cun instinto de proteccion baseado no autosufrimento como ferramenta de rebeldia. Son moitos os momentos nos que invade a culpa por telo axitado, por trasmitirlle a presion das expectativas, por ter o foco sobre el empuxando hacia obxectivos sen saber se os desexaba... Deus sabe que detras deste sinsentido so perseguia axigantar o seu esperitu libre, achegalo a mil batallas baixo a miña tutela que lle abriran as portas a un mundo cheo de preguntas por conquistar, camiños por percorrer... a un Oceano de matices por navegar, por aquel que se sinte dono do seu destino.... a realidade e que estamos nunha cienega, que me sinto vacio, orfo como aquel que por primeira vez dubida de ter elexido o mellor camiño...que Deus me ilumine para guiarte hacia ese mundo na que a unica fronteira sea a tua liberdade de pensamento e acción...ogalla ese mundo que desexo sexa o teu mundo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario