30 de agosto de 2011
Dia 1. Saimos as 13 horas de Vigo. Repostamos na Cañiza 30 euros, para dirixirnos hacia Verin. Alí desviamonos hacia Chaves, non sin antes parar na raia para intentar comprar unhas toallas, curioso o unico sitio que estaba aberto era un pequeno centro comercial, como non Chino. Seguimos camiño de Zamora por Valpacos. A carretera levate pola montaña, ten moitas curvas e esta en bo estado. O medio de vida desa zoa semella ser a gandeiria. Atopamos algunha finca de olivos e viñedos. Xantamos en Valpacos por recomendacion dun traballador dunha gasolineira. O restaurante chamabase Restaurante Batista, e a primeira impresion foi boa, limpo e acolledor. Tomamos bife a pedra, picaña a pedra e unha ensalada. Todo acompañado por unhas patatas fritas sabrosisimas e feixoas. De postre pudding e unha tarta. O cafe moi bo. A comida exquisita e o precio moi economico. Todo 25 euros. Saimos direccion Braganza. A estrada estaba en obras, vaise convertir en autoestrada, chamoume a atencion que estaba algunha empresa traballando na zona. En Braganza achegamonos a ver o Castelo, dentro do seu recinto amurallado vemos nunha finca uns melocotons impresionantes... dende aí tomamos direccion Zamora, para pasar por Alcañices, Bermillo de Sayago....chegamos o Hotel en torno as 20 horas. O Hotel Convento e impresionante, non chegas a imaxinar que no seu interior a decoracion poida ser tan hostentosa, semellas ir durmir nun museo. A atención e moi coidada. Saimos a visitar os seus xardins, ten unha zoa con unhas reproduccions a tamaño real (entendo) de edificios atenienses. Despois de descansar uns intres fomso cear o Perdigón. Esta zoa e coñecida polas sua bodegas soterradas agora recombertidas en tipicos mesóns castellanos. Por recomendacion fomos a Dama de Barro. Ceamos o tipico, unha tabla de queixo e xamon, e panceta fresca a brasa. Pagamos en total coa bebida, 21 euros. Quedoume pena non ir a Bodega de Eduardo, antigo cliente. Regresamos a Zamora pola carretera de Salamanca, aparcamos o lado do Concello e demos un pequeno paseo, para regresar pronto o hotel a descansar.
Dia 2
Madruguei para sair a correr un pouco. Fixeno entre campos de millo e remolachas. Chamaronme a atención as canles de rego. Parei a estirar un pouco nun pequeno parque infantil en Coreses. Regresei con tempo para desaiunar. O desaiuno non lle faltalba nada. Explendido. Recollemos todo para irnos camiño de Toro. Recorremos o seu casco antigo sen presa, para achegarnos despois a Queseria Chillon a compra o coñecido queso de ouvella. Fixen algunhas fotos dos viñedos e da recollida de cebolas ou ceboletas. Regresamos a Zamora para deixarnos levar polo encanto do seu Romanico. Antes de emprender viaxe para Salamanca tomamos algo a beira do rio Douro na Terraza do Restaurante Las Aceñas, onde por certo a atencion deixa bastante que desexar. O traxecto ata Salamanca e curto. Chegamos o Hotel a media tarde. O Hotel Doña Brigida e un gran edificio levantado no medio dunha zoa residencial as aforas de Salamanca. E o tipico hotel de convencions. Ainda que o día non animaba o baño, probei a auga da piscina. Pronto saimos hacia Salamanca pois a fame apretaba. Aparcamos cerca do Banco de España e achegamonos ata un local de tapas recomendado o lado da Praza Maior. Unha decepcion, ainda que tapas abundante, considero que moi caro para o que tomamos. Empezamos a recorrer Salamanca. Nesta camiñar percibes a importancia para a Cultura española desta cidade. Por todos lados respirase cultura ainda que agora está moi volcada no turismo. Pasamos pola Catedral, Universidade, Igrexas, Bibliotecas...Sentamonos un bo rato na Praza Maior para respirar o seu ambente. Botei en falta algo de animacion, pois sendo o lugar mais populoso da cidade agardaba algún espectaculo. Entretuvemonos falando cun matrimonio salmantino. Agardaban o encendido das luces da Praza. Falamos un pouco de todo e pedimoslle consello onde ir a cear. Seguimos o seu consello non sen antes visitar un restaurante recomendado, o Rio de Plata, "quizas o mellor da cidade", pero de alto precio e pasamos por o "Restaurante El Pecado" cheo de fotos de visitantes ilustres. Seguendo varias recomendacions, acabamos ceando no Restaurante Serafin. Pedimos Cordeiro a brasa, mais unha ensalada mixta e ovos con xamon. Todo correcto tanto en precio como en calidade. Regresamos a Praza para tomar un xelado e voltar pronto o Hotel a descansar.
Dia 3. Madrugamos para ir o ximnasio e tomar un desaiuno completo. Achegamonos ata as beiras do Rio Tormes para ver a ponte romana. Cando estou nun lugar coma este sempre penso na cantidade de persoas que pisarian as pedras que estou pisando. O entorno do rio está moi ben cuidado, en xeral Salamanca semella unha cidade moi comoda para vivir. Camiñamos ata a Catedral, esplendida por dentro e por fora. Visitamos a antiga Facultade de Filoloxia. O redor do su claustro antigoa alumnos grababan con sangue de touro o seu nome e uns simbolos ¿?. De aí fomos ata o Mosteiro Benedictino de San Esteban. Pasado o medio dia collemolo coche para ir cara Bejar. No camiño vas abandoando as chairas para entrar na montaña Salmantina. Pasamos por Guijuelo e a desviacion o alto da Covatilla. Bejar esta rodeado de montañas por todos lados. Comemos uns bocatas na sua Plaza Maior. Pedimos consello onde comprar embutido, varios falaronnos de Quercus, e ali fomos.Compramos un pouco de todo. Decidimos subir a ver a Plaza de touros de Bejar, a mais antiga de España. Esta nun sitio moi extraño para o que ven sendo habitual, na ladeira dunha montaña. E preciosa, realmente sorprendente. O redor das 17h iniciamos camiño hacia Avila pola carretera de Sirihuela e Piedrahita, Paramos a comprar queixo nunha queixeria do camiño. A ruta e preciosa, entre ladeiras cheas de arbores e pequenos rios, practicamente secos, cruzados por pontes antigas. A entrada de Avila dende Bejar e moi impactante, pois de repente atopaste cunha cidade totalmente amurallada, por unha muralla medieval conservada en perfecto estado. Celebrabase ese fin de semana unha feira medieval co cal todo estaba decorado. Entramos na cidade que dende o primeiro momento me cautivou pola sua homoxeneidade, todo era antigo e ben conservado. Tomamos algo nun café precioso. Estaba ubicado na antiga Praza da Fruta. Diminuta praza que parecia o patio dunha casa. Deixamonos levar polas ruas da cidade. Como xa era tarde decidimos emprender a viaxe hacia o noso proximo punto de descanso, Collado Hermoso, pequena localidade na carretera de Segovia a Soria. Costouno atopar o sitio, pois era de noite e non estaba indicado. Chamabase Posada de Fuenteplateada, lugar moi fermoso e ben cuidado, cheo de matices. Co tempos xusto saimos a cear a un asador camiño de Segovia. Restaurante A. Manrique. Ceamos entremeses tipicos, sopa del puchero e tortilla guisada. Comida pobre e cara.
Dia 4.
Non madrugamos. Tomanos un pequeno buffet de desaiuno nun comedor ben decorado e cheo de antiguedades, o mellor. Saimos a disfrutar do bonito xardin e a facer unhas fotos. Como curiosidade a posada contaba cunha enorme coleccion de peliculas. Recollemos todo para dirixirnos hacia Segovia.Recibiunos o Acueducto. A primeira sensacion que tes e de estar nunha cidade moi enfocada o turismo, tal vez pola sua proximidade a Madrid, fai que reciba visitantes de todalas nacionalidades. Algo que desmerece a cidade e ver pasar polas suas calles e o lado dos seus monumentos coches de todo tipo, perde encanto, pero pensando ben igual ocurre en outras capitales...asi pasamos baixo o Acueducto para camiñar hacia a Praza Maior, está o lado da Catedral e conseva o palco da música no medio. Baixamos hacia o Alcazar, castelo que recorda o tipico castelo que aparece nos reclamos turisticos de Baviera. Impresionante construccion, poucas veces vin unha contruccion defensivamente tan inaccesible. Recorremos os distintos barrios dentro de muralla para ir comer a un restaurante no barrio xudeo, a El Fogon Sefardí. Este restaurante supèmos que e famoso por ter gañado varios concurso de tostas. Está moi ben decorado, nun estilo que debe ser xudeo, Pedimos a tosta gañadora de 2007, a base de berenxena con carne picada de cordero e abundantes especies. Tomamos ademais dous menus a base de pasta a bolognesa de toque moi persoal, unha ensalda de casa, bacalao o pisto e un entrecot riquisimo. Todo excelente, no seu punto de sabor e abundante. De postre xelado e un arroz con leite exquisito, O precio moi razoable. Despois de comer decidimos achegarnos ata La Granja de San Idefonso para recorrer os seus xardins en bici, os gardas fixeronnos desistir da idea. Mentres miña muller buscaba hotel e eu entretiñame xogando co meu fillo, aconteceu un dos sucesos mais curiosos da viaxe, Practicamente nas nosas narices reventaran o cristal do coche duns turistas venezolanos para levarlle un ordenador e 2000 euros. Increible, nun sitio rodeado de xente,cos gardas do xardin cerca, cun cuartel da Garda Civil a 25 metros e entre edificios. Como recoñecian os turistas, na sua confianza o ver os gardas cerca aproveitaron para pasar fotos o ordenador, comer algo co capò aberto e deixar todo a medio recoller. Deixanron unha carteir co diñeiro debaixo do asiento. Era todo o diñeiro que lles quedaba para rematar as vacacions, pagar hotel, coche de alquiler etc... un marron. Decidimos ir durmir a Avila, no Hotel Castillas. A idea era disfrutar da feira Medieval, a cal invadía todo a cidade dentro das muralla, habia de todo, dende artesania ata platos tipicos da epoca...ceamos no Restaurante 3 Siglos, a base de Judias del Barco de Avila con chorizom crema de Santa Teresa, cochinillo cochifrito e churrasco de ternera,con viño e helados. A cea en xeral foi bastante fulera. Demos un ultimo paseo antes de voltar o hotel a descansar.
Dia 5. O dia seguinte levantamos bastante tarde, para ir a desaiunar a un centro comercial proximo. Aproveitamos para comprar algo de comer e de seguido emprendemos camiño hacia a Warner. Decidin ir polo Puerto de Guadarrama, para recordar as dificultades desa subida para os camions. Na miña ignorancia confundinme de parque e acabamos no Parque de Atraccions, un pouco lonxa da Warner, que queda na autovia de Cordoba, pasando Pinto. Ca conseguinte perdida de tempo correximos o erro.Chegamos tarde, co cal decidimos esperar as 16h para entrar. A primeira impresion do parque non impresiona. Os decorados son algo fuleros, falta maxia, non sorprende. Cando ves o plano do parque sorprenden o numero de montaña rusas e a sua calidade. Entramos no Hotel Encantado, fumos nas atraccions de auga onde nos puxemos como pitos e fun convencendo o meu fillo para que se atrevera con algo mais forte. O mello sen dubida foi o espectacula Loca Academia de Policia, espectacular e divertido. O espectaculo de 3D bastante regular. Cerca das 12h abandoamos o parque pois íamos dormir a casa de familiares e non creíamos convinte chegar mais tarde. Recibironnos cunha apetitosa cea. Charlamos ata altas horas.
Dia 6 Durmimos placidamente, para despois de desaiunar iniciar dende Alcorcon o regreso. O volta foi tranquila. Fixemos duas paradas, unha en Villalpando e outra na Gudiña, para tomar algo. Non deixa de sorprenderma a mala atencion con que te reciben nestes bares de carretera. Chegamos a tempo de ver a exhibicion de España ante Lituania no Europeo de Baloncesto.
lunes, 5 de septiembre de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario