lunes, 8 de febrero de 2010

Como recordo... o meu primeiro traballo.

O meu primeiro traballo como tal, aquel polo que por primeira vez recibín cartos dunha empresa, desempeñeino aló polo ano 1988-89, calculo.
Recordo que ía con meu tío a traballar unhas horas a un almacen de Frudesa na Veigadaña.
Consistía en descargar un camión frigorífico cheo de caixas de verduras conxeladas. Había que metelas na cámara, onde facía un frio de "mil demos", pois estabamos no verán e o contraste de temperatura era moito, pois entrabamos sen a roupa axeitada.
Como anécdota recordo que me caeu unha caixa de mercancía nunha ourella, que me provocou unha forte dor, pois tiña as ourellas conxeladas. Outra vez, por despiste, metín o pe debaixo de un palet de mercancía e case me queda alí.
Non recordo a como me pagaban a hora. O que si recordo e que os cartos gastabaos en mercar música na tenda "Elepe" de Vigo.
Así foi como competei a colección de vinilos de Dire Straits, Joaquín Sabina, Aute...

No hay comentarios:

Publicar un comentario