Cando penso nos Domingos de Misa. Recordo levantarme e darme un baño, cando aínda o auga se quentaba en tarteiras na cociña de gas ou no lume da cociña de ferro. Eran mañás frias e húmedas nas que daba pereza erguerse.
Recordo aínda o cheiro dos polvos de talco e sair correndo de novo para a cama para entrar en calor.
Vestiaste coas roupas do Domingo e ías a Igrexa a reencontrarte con parte dos teus amigos.
Os rapaces ocupabamos un lateral da Igrexa, formando bastante rebumbio, pois tratabamos de pasar o tempo coas nosas gracias. Divertianos moito acabar as oracións cun "Amen" moi sonoro seguido de moitar risas.
Recordo que para controlarnos sempre mandaban a pesada de turno. Eu sempre pensei que algo fallaba na Ceremonia pois as veces concentrábame en entender o que se decía e nunca o conseguía. Sempre me preguntei, se toda esa xente que seguía o Cura tan calada entendía todo.
domingo, 27 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario