miércoles, 22 de julio de 2009

Como recordo... a Oscar Pereiro.

Recordo que na idade do EXB, era máis ben baixo para a súa idade, pero cunha gran tenacidade. A Oscar Pereiro gústaballe moverse entre os maiores e poñía todo o seu empeño en non defraudar e formar parte do grupo.
Sempre estaba aí, contasen ou non contasen con el. Eu sempre tiven predilección por el. Tiña "algo" que me gustaba e cando outros ca súa idade eran so unha molestia por "pesados" el sempre trataba de facerse un oco por disponibilidade e atrevemento, por méritos.
Cando íamos o peirado nadaba como o que máis. Nos xogos eran un gran colaborador e na bici... a pesar da diferencia de idade non o deixabamos atrás.
Recordo sempre moreno, con ollos grandes, observador... con gañas sempre de aprender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario