Contratamoslle un autobús a Autocares Lucho. O conductor ese día era Jaime "O Né".
Non recordo exactamente canta xente estaba invitada, pero por imaxes que recordo, creo que bastantes.
O cea fora organizada en Sanxenxo e para facer máis levadeira a viaxe, levamos varias neveras de praia cargadas de bebidas, así cando chegamos a cear xa os animos estaban encendidos.
A mesa, de forma alargada, impedianos falar todos con todos, o que non impediu que todo discurrira de forma animada porque comer pouco comemos.
Houbo de todo, tarta graciosa, regalos chistosos, brindis... De aí marchamos buscando maís festa.
Xa na rúa atopamos con grupos de rapazas co intercambio de bicos e bromas.
Estivemos en varios locales da zoa. Por non variar acabamos en Canelas.
Poucas veces un recibe tantas felicitacións de rapazas e tantos agarimos e complacencias por parte delas, como cando saben que van camiño do altar.
Misterios das mulleres.
Deixo como mostra estas fotos, cara A e cara B das camisetas feitas para a ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario