lunes, 11 de mayo de 2009

Como recordo... a Primeira Comunión de meu fillo (Preparación)

Na época en que meu fillo recibía a Primeira Comunión esta xa se convertira nunha opción. Podía ou non podía facela. Moitos dos seus compañeiros renunciaban por diverso motivos.
Uns porque os seus pais consideraban que cando os rapaces tiveran a suficiente madurez decidiran. Outros por negarse a pasar por esta peaxe social. Algúns por renegar de todo xeito de relación coa Iglesia.
Eu, pola miña parte, síntíame cómodo na Iglesia. Despois de moitas dúbidas, cheguei a conclusión de que no fondo da miña natureza durmen valores asociados o Cristianismo, e tamén creo que nunha Sociedade tan desestructurada como na que vivimos, quero participar en todo aquilo que axude a unir.
Como pai supón un esforzo agradable acompañar o teu fillo neste camiño. Levalo a Catequese, a Misa os domingos... comprobar como con alegría vai participando do momento.
Recordo que nun destes actos acudimos pais e fillos a súa primeira confesión.
Primeiro fixemos unha confesión entre pai e fillo. Os seus defectos como fillo, en que me disgusta... qué dicirlle cando os seus defectos como fillo son os meus erros como pai.
Para educar a un fillo necesitas buscar en ti. esa Forza que che ilumine o camiño para non perder a senda da rectitude, templanza, equidade, compresión e... confianza plena en que "esa choiva fina" vaia calando no seu Ser.

Mira as estrelas / Mira como brilan por ti / E todo o que fas / Si, elas eran todas amarillas /
Eu vin / Escribín unha canción para ti / E todas as cousas que fas / E foi chamada "Amarillo" /
Enton despois empecei a xirar / Oh!!! que cousa puden haber feito / E foi chamada amarillo /
A tua pel / Oh si, a tua pel e osos / Convertironse en algo fermoso / E ti o sabes / Ti sabes que te amo / Ti sabes que te amo
Eu nadei, eu saltei para ti / Oh, que cousa puden facer / Porque ti eras toda amarilla
/ Dibuxei unha línea / Dibuxei unha línea para ti / Oh, que cousa puden facer / E era toda amarilla
A tua pel / Oh si, a tua pel e osos / Convirteronse en algo fermoso / E sabelo / Por ti eu sangraría ata secarme / Por ti eu sangraría ata secarme /
E certo, mira como brilan por ti / Mira como brilan por ti / Mira como brilan por...Mira como brilan por ti / Mira como brilan por ti / Mira como brillan ...
Mira as estrelas / Mira como brilan por ti / E todas as cousas que fas...
Coldplay - Yellow


No hay comentarios:

Publicar un comentario