Recordo acudir sen saber moi ben o que me ía atopar. Algo me decía estar ante unha oportunidade de ver un grupo Lenda Viva da Historia do Rock e alí fun. Teño que recoñecer que sempre movinme cun impulso similar o de Forrest Gump. Estar naqueles eventos relevantes do meu tempo.
Do espectáculo recordo que se celebrou no Coliseum da Coruña no medio dun climax máxico, cunha espiritualidade case relixiosa, pois o público era maioritariamente "fan incondicional". Por primeira vez que recorde experimentei a sensación de estar escoitando un grupo soando perfectamente "a bloque".
Imborrable a rifa que se marcaron nun momento dado entre o guitarra e o dos teclados, cada quen dando o mellor de si mesmo.
Con fervor de fan agardamos a saida dos compoñentes pola parte de atrás. Xente cercana e amable. Tiven a oportunidade de facerme unha foto con Ián Guillan, a cal gardo coma un tesouro.
domingo, 17 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario