Tiven sorte de que meus pais sempre me inculcaron a vocación por estudiar e aprender. Estaban pendientes de min e preocupabanse de esixirme bos resultados e concienciarme da importancia do Saber.
Recordo ir un Domingo con meu pai a unha charla comercial no Hotel Parque, en Porriño. Estar alí toda a mañá aguantando o discurso dunha persoa sobre as bondades do que nos estaba a ofrecer. Era un Diccionario-Enciclopedia para aprender inglés, cheo de debuxos.
Meu pai consúltabame coa mirada e eu sen saber que dicir calaba, pois en realidade non tiña nada que opinar.
O feito e que o compramos e un ningún momento chegueino a usar.
Amor de pais.
sábado, 2 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario