
Un ano fomos, como xa fixeramos cos nosoS pais, a comer a empanada o luns da Festa da Rocha. A tradición era celebrar unha cea campestre a base de empanada, viño e festa; nas ribeiras do Miño o seu paso por Caldelas de Tui.
Nos, mellor dito, a única intención ca que chegaramos alí, fora para continuar un fin de semana de festa.
Fixemos o tolo canto quixemos subindo en todo tipo de atraccións coma nenos e vacilando canto pudemos.
Recordo que nos pasou unha anécdota bastante simpática. Nun momento dado estabamos parados xunto a atracción coñecida como Pulpo. A nosa pinta debía de ser bastante desaliñada, pois se noS acercou un grupo de vellos para preguntarnos se podían subir. Nos complacientes dixemoslle que si, que se sentaran de dous en dous e que respetasen as normas de seguridade, que os invitabamos a unha viaxe.
Así foi, subiron todos, cada un coa súa parella, ata ocupar case que todolos coches da atracción.
Cando chegou o Machado (xitano portugués feirante) e pideulles as fichas, ningún a comprara.
Todos nos sinalaban a nos como responbles.
O "Machado", facendose os xordo, foinos votando un a un da atracción entra as nosas risas.
Evidentemente desaparecemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario