lunes, 18 de mayo de 2009

Como recordo.... a acampada en Liméns

No barrio era habitual que o San Xoán organizásemolo os rapaces. Coas propinas pagabamos a festa e un deses anos co sobrante decidimos ir de camping.
Atrevidos eramos de abondo. No coche de Jorge e Juan marchamos un día a Domaio para buscar pola costa onde facer acampada libre.
Menos mal que non atopamos nada de xeito, porque houberamos acampado en pleno monte, sen ningún tipo de servicio e a mercé de calqueira accidente.
A lóxica levounos a decantarnos por Liméns.
Fumos comprar provisóns o Alcampo. No momento da compra, todo o que estabamos collendo parecíanos moito, a realidade e que despois pasamos unha fame de medo que en momentos alentou as disputas.
Recordo que en Liméns colocamos a tenda na ladeira do monte, daquela habilitada para acampada libre.
No monte non contabamos con ningún tipo de servicio. A auga íamola buscar a unha fonte que quedaba a uns 15 min. e na que sempre había cola.
Para ducharnos gracias que tiñamos coñecidos no camping e nos deixaban acceder as instalacións.
O que sucedeu nos seguintes días vai no seguinte post.


No hay comentarios:

Publicar un comentario