domingo, 12 de abril de 2009

Como recordo...as primeiras películas no cine.

Cando recordo o cine teño tres imaxes. Creo ir a ver no Cine Palacios (Porriño), "El hombre elefante" e non entender nada. Despois ver "En busca del Arca Perdida" no Tamberlick e tamén "E.T." no Cine Fraga. Aquilo era cine en estado puro. Salas a rebosar cunha grande expectación. A xente participaba no espectáculo deixando de ser un mero espectador e axudando a crear un climax máxico que dificilmente volvamos poder disfrutar. Colas interminables para entrar, aqueles enormes carteis falando das semanas de éxito en carteleira... o cine como pasaporte hacia outros mundos, outras vidas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario