jueves, 23 de abril de 2009

Como recordo... a Volta Ciclista a Mos

Durante anos celebrouse esta Volta Ciclista a Mos. Recordo que coordinados polo inilvidable Nené colaboramos coa organización. A nosa misión consistía en impedir que os coches e a xente circulasen polo lugar de paso da carreira, para iso provistos dunha bandeira, controlabamos os cruces. Aínda que o traballo encomendado era aburridísimo , nos vivíamos a Volta con moita paixón por dous motivos: porque nos gustaba o ciclismo e porque era un evento que convulsionaba ó pobo.Recordo os ciclistas como funámbulistas polas estreitas carreteras, nun continuo rompepernas que non deixaba lugar o descanso.De nomes quedaronme Marcial Rodríguez (de Porriño), Ivo (de Mos) e pouco máis. Equipos como o Spol (Porriño), Clas (Asturias)... son máis as imaxes que recordo que os datos...Por certo, de premio pola nosa colaboración, as veces, dabannos pastelitos a fartar (Tigretón...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario