
Recordo que recién empecei a traballar en QDQ mandaronme a visitar empresas en Antas de Ulla.
Asignaronme unha ficha do epígrafe Confección (Empresas). Despois de moito buscar polo pequeno pobo, alguén indicoume que estaba a uns 200 metros, seguindo a Nacional hacia Monterroso, no baixo dunha casa.
Xa alí, recordo unha porta de aluminio nun baixo. Entrei sen timbrar pois non había timbre. De súpeto, encontreime nun baixo cheo de mulleres que de forma orquestada se xiraron para atenderme.
Alí, eu, de traxe co meu maletín, cravado no chan, sen saber se voltar sobre os meus pasos, avanzar,voltarme invisible...De milagre recuperei a voz para dicir: "¿ A xerente? - preguntei. O unísono contestaron todas. ¡¡¡ Somos todas !!!. Todo isto entre risas de complicidade das máis veteranas coas máis novas.
Como sempre, cando todo parece perdido, aparece un Anxo que se levantou, achegouse a min e atendeume, liberandome desta proba acelerada de "como vencer a timidez"
No hay comentarios:
Publicar un comentario