martes, 28 de abril de 2009

Como recordo... un arañazo da vida.


Recordo un dos feitos máis tristes da miña vida ligado a unha canción.
Daquela compraba os cassettes que podía a través da revista Discoplay. Ese día recibira o "Tunnel of Love" de Bruce Springsteen. Tumbado na cama escoitaba nos cascos a segunda canción cando me interrumpiu miña nai, para decime: "O Serafín matouse".Con incredulidade pensei no pai, pero non, ven cedo a realidade voltouse aínda máis cruda.Fora Serafín, Kim, Fin o meu amigo, compañeiro de Mundos Imaxinarios, de locas locuras.
Recordo como nos reunimos todos en silencio o lado da súa casa, nun frio día, sentados sobre uns troncos, mudos, afogados pola tristeza e perdidos por primeira vez no camiño da vida sen saber cómo e porqué sucedían estas cousas.
Esa canción "Tougher than the rest", quedou ligada para sempre a un feito triste da miña vida adiantandome unha realidade que co tempo se ía confirmar:
"Nesta vida, cada puco perderíamos a alguén sen tempo para despedirmos e sobre todo sen saber porqué."



No hay comentarios:

Publicar un comentario