miércoles, 29 de abril de 2009

Como recordo... sacar o Carnet de Conducir

Saqueino na Autoescuela Quyaro en Sanguiñeda, no Cruce das Angustias.
Recordo acudir alí a facer os test, baixo a supervisión dunha señora, da que non recordo o nome pero si perfectamente o seu aspecto: delgada, de pelo corto negro, tez blanca, ollos claros, diría que verdosos...
Como dicía, na casa líamos o libro e na aula facíamos os test de forma repetitiva hasta non cometer erros. Por certo estaba prohibido levar os test para casa.
Cando consideraban que estabas preparado mandabante a examen. Este realiceino en Bouzas e aprobei a primeira.
O tema do coche xa era diferente.
Empecei por dar unhas clases con meu pai, desde o máis básico: encender o coche, conducir sen mirar para os pes, acostumbrarme os xiros do volante, cambiar marchas.... eu o contrario que moitos dos meus amigo nunca collera o coche hasta a edad regulamentaria.
Na autoescola fixen as probas necesarias, normalmente por Vigo.
O día do examen non recordo estar especialmente nervioso. Tocoume conducir desde Bouzas, por Coia, Avda da Florida e Balaidos sen ningún tipo de incidencia.
Foi unha gran alegria aprobar.
Por certo, o examen fixeno nun Peugeot 209 de cor vermello.


No hay comentarios:

Publicar un comentario