jueves, 30 de abril de 2009

Como recordo... os primeiros meses no paro (Parte ll)

Unha vez busquei os temas onde quería centrarme, había unha cuestión que en parte me obsesionaba: Non deixarme levar "pola parte cómoda" do día a día, e rentabilizar as horas do mellor xeito posible.
Cando dispos de todo o día e tes tantos puntos que che suscitan interés, é moi fácil deixarse levar e adicar máis tempo do necesario a tarefas pouco productivas.
Para iso nunha plantilla ía reflexando a actividade a que adicaba cada hora do día ( estudiar inglés, marketing, facer a comida, tempo adicado o meu fillo...), de esta maneira tiña unha visión clara do que estaba a facer, e as posibles desviacións.
Pareceume unha boa forma esixirme disciplina e rigor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario