Recordo aquel inmenso campo como un circo de "locos enanos" con moitas pistas nas que en cada unha sucedía unha historia con guíón propio. Conversas, futbol, a comba, coches polo chan, paseos collidos da man, carreiras, peleas, primeiros bicos, retos, burlas, o primeiro pitillo, bagoas, gritos, seonllos rascados, canicas, trompos, "marro", "o pincho", "brilé", "o pañuelito", "huevo-pico-araña", "hullahoop", "yoyo", "a plancha", "escondite", pita, "a coller", baloncesto, balonmano, "a parede", ... non sei, unha sucesión de actuacións o longo do ano, as cales en días de choiva se concentraban no patio cuberto que era un exemplo de caos organizado, pois naquel espacio tan limitado todos tiñamos o noso propio espacio... pensando nisto preguntome que misteriosa forza da Natureza coidaba de nos e impedía que ante tantos perigros e movementos atropellados non se sucederan as desgracias... porque riscos había.
viernes, 10 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario