De nenos íamos a tenda da Juana e comprábamos unhas caretas. Habías de dous tipos: de cartón, que transpiraban mellor, pero case sempre rompían por onde prendía a goma e de plástico, máis logradas, pero que daban moita calor.
Recordo que eran días de sacar roupas vellas do faiado, de abrir baúles esquencidos durante todo o ano e reencontrarse de paso con revistas, fotos... de outras epocas. A roupa cheiraba o que cheiraba, creando unha atmósfera máxica, propia do momento.
Vestíamonos de calqueira maneira, o obxectivo era que non nos recoñecesen, e visitabamos todas as casas do pobo, pedindo. A xente dabache unhas monedas, pesetas ou duros, non sen antes tentar adiviñar quen eras.
A ilusión era xuntar os cartos necesarios para facer unha merendola.
O Entroido eran días de alegría.
miércoles, 22 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario