jueves, 12 de marzo de 2009

Como recordo... estar no paro.

Recordo unha sensación confusa, como de culpabilidade que te obriga a redoblar os esforzos e aumentar o rendemento. Unha especie de hiperactividade, imaxinarte unha inacabable xornada de traballo, unha obsesión por aproveitar o tempo e dar saida a unha axenda de asuntos pendentes acumulados durante anos. Estar no paro é pasar da acción a razón, reencontrarte contigo mesmo e buscar saidas cunha absurda inseguridade de partir de cero...

No hay comentarios:

Publicar un comentario