martes, 17 de junio de 2025
Como recordo... ler "El valor de la atencion" de Johann Hari
Recordo que levaba tempo buscando atopar libros que me axudaxen a interpretar os cambios que estaba sufrindo a sociedade e eu mesmo, e como enfrontalos ou tal vez so buscaba atopar argumentos que reforzasen a miña opinion sobre o que estaba a acontecer. O libro vai dando pinceladas apoiadas en datos obxetivos sobre o que esta a acontecer tentando atopar os porques da situacion actual, pero dende o principio vai deixando claro que son mais potentes as iniciativas individuais que agardar a que as grandes corporacions se preocupen de buscar formulas para devolvernos o que perdemos. Recordo que en "El valor de la atencion" apuntase directamente as redes sociais, como secuestradores da nosa atencion, as largas xornadas de traballo, a mala alimentacion, a multitarea... etc etc... a dificultade de recuperar a atencion, esta acabando coa creatividade e o talento, e polo tanto co espiritu critico e que nos esta volvendo unha sociedade mais plana e uniforme, e polo tanto mais facil de manexar. O libro lese con facilidade e consegueu atrapar a miña atencion, pero en esencia apunta claves, da pinceladas sen chegar a deixar o pouso de ningunha idea brilante ou determinante.
lunes, 9 de junio de 2025
Como recordo .. o Torneo San Bernabe Torrelavega 2025 Futbol 11
Recordo que era a segunda vez que acudiamos a este Torneo. A primeira fora como Alevin B. Recordo que os nenos marcharon o Venres a primeira hora da maña. Alguns pais saimos de seguido. Co paso dos anos a relacion entre pais iase consolidando e voltandose mais racional. Pasamos desa unión inicial tipo comuna a que temos actualmente, na que todos imos soportando os nosos diferentes puntos de vista e intereses, e por contra tratamos de disfrutar das viaxes o marxe do futbol. Asi tomamos direccion Suances indo direccion Benavente, Leon, Riaño, cruzar hacia Guardo e Aguilar de Campoo para chegar media tardes a Tanos para ver o primerio partido. O ir 20 nenos convocados nos partidos de fase de grupo repartianse os minutos. No primeiro David estivo ben, xogando con calidade. O equipo pecaba de individualismo, cada un buscando o seu gol. David sigue necesitando o reforzo do entrenador para asumir responsabilidades como o balon parado. Se da con un compañeiro mais ambicioso, perde a disputa, retirase. No segundo partido, con pouca esixencia, estivo normal, ten que buscar mais paredes na frontal da area, e mais pausa no derradeiro pase. No terceiro partido, como ainda non marcara, tentou chegar mais arriba, semella que se non marcas non o estas a facer de todo ben, as veces un gol disimula moitas carencias. No cuarto partido, queixabase de certas molestias (poida que asociadas o cremento) ou eran un escusa para o seu rendementeo mas regular con mais imprecisions. As veces, o feito de non brilar, xeralle presion, asume mais riscos, nunha situacion de dubidas, co cal a posibilidade de erro disparase e todo descontrolase. No partido mais complicado do grupo, seguiamos sen atopar un futbol fluido, co cal David non destaca tanto, pero el estivo determinante. A sua cabeza en bastantes ocasions tornase nun saboteador interno. Cada erro, e un mala cara, un xesto de frustracion... con cal entra nunha espiral.. o mellor modo de combatilo e limitar os factores de despiste: espinilleras atada e ben colocadas, quento ben, con interes, visualizando o que quero que suceda.. e cando estou no campo, estou atento as sensacions, se todo flue perfecto, seno futbol fácil, que sendo tecnico non deberia ser problema. Recordo que a fase de grupos do sabado xogamola en Reinosa, e aproveitamos para visitar Fontibre. Recordo que o dia seguinte tocaba eliminatorias. A primeira superamola sen problemas contra o Eibar e a segunda contra o Young Boys. David estivo ben, dando equilibrio o equipo e canalizando o xogo de ataque, lucirse como a el lle gusta pero ben. Na semifinal contra o Oporto, chegou algo canso e dende o inicio noteino contrariado. Recordo que en el era habitual, que cando escomenzaba o intuir que o seu papel ia ser correr e facer coberturas, semella non ser feliz xogando o futbol.
martes, 20 de mayo de 2025
Como recordo... a fase de ascenso en Vilagarcia de Carolina.
Recordo que so vira xogar a Carolina nun Torneo celebrado en Marin cando ainda era infantial. Xa nese momento apuntaba cousas e percibiase parte desas cualidades que, sin entender nada de baloncesto, a min chamabanme a atencion. Alta, espigada, competitiva, intelixente... con capacidade para dirixir o xogo, con "afouteza" e afan de mellora... xa pasara tempo e esta ano voltei vela no que parecia unha premonicion, cando viñeron xogar a Vilagarcia contra o Mariscos Cortegada. Recordo que con apenas dezasete anos xa estaba no primeiro equipo do Unibasket Bosonit, con poucos minutos, pero cunhas estadisticas en canto efectividade mais que aceptables... Carolina respetaba o rol que lle tocaba, pero non por iso conformabase con esa pouca presencia. Na primaveira do 2025 nun fin de semana intenso conseguiron o obxectivo que se lle presentou, nun fin de semana intenso. Carolina deixou mostras do talento que se lle intue, boa tecnica de lanzamento, intelixente, valente e rebeldia competitiva.. Recordo que me alegrei moito da sua participacion.. sei que nos vai dar moitas alegrias.
miércoles, 30 de abril de 2025
Como recordo .. o apagon do 28 de abril do 2025
Recordo que o mundo estaba cambiando moioto e moi pouco tempo.. fai tempo que estabamos nun cambio de ciclo profundo. A globalizacion impulsada por internet coa dixitalizacion estabao mudando todo. A fraxilidade do mundo que coñeciamos manifestabase de supeto. Unha pandemia, unha guerra teledirixida por un poder económico, unha politica fraxil, uns grupos de poder tecnocratas que non defenden ningunha bandeira... asi, o luns 28 de abril, as 12:30, a Peninsula quedou sin electricidade. Recordo que estaba falando con Belen (a que axuda a mama) e cortouse a chamada. A concesion quedou sen electricidade, cousa que non me extrañou, pois levabamos dias con algun corte.. logo Isabel envioume unha mensaxe para preguntar si tiñamos electricidade, pois na casa cortarase o suministro.. logo me enviou mensaxes dicindo que o o corte era a nivel nacional... reaccionas con impasibilidade pois a situacion e tan sorprendente que non a asimilas nun primeiro momento.. a medida que pasan os minutos vas sendo consciente... internet vai a trompicons, non podes traballar, as gasolineras non sirven combustible, so podes pagar en efectivo... problemas de seguridade, xente atrapada en ascensores, portas de garaxe que non abren, etc, etc.. toca marchar a comer .. toca comer frio, nas panaderias escasea o pan etc.... asi vai pasando a tarde, uns tranquilos e os mais alarmistas aprovisionando.. apenas hai noticias.. incertidume, posible ciberataque, colapso do suministro etc...a carroña politica intentando sacar redito.. chega a noite, cidade en silencio, luz de velas... ideal para atopar estrelas.. o servicio que se vai repondo na peninsula, en Vigo as 02:30 aprox .. e dicir 14 horas despois.. Recordo que o dia seguinte o goberno deixou entrever unha critica forta hacia as compañias eléctricas.. algo hai agochado que non sei se chegaremos a coñecer.. temome que o codicio de uns poucos, aseonllou outra vez a todo un pais...
miércoles, 23 de abril de 2025
Como recordo... o Torneo Internacional Real Sociedad 2025
Recordo que os nenos tiñan que estar o venres 18 de abril as 8 horas na Madroa. Chovia moito, de feito despois de deixar a David tiven que cambiarme o chegar a casa e secar a roupa na secadora. Saimos o redor das 11h hacia San Sebastian. Todo o camiño chevendo moito. A primeira parada foi na area de servicio de As Vendas, para tomar un rico bocadillo de xamon por 5 euros e uns cafes. Continuamos ata a area de Los Oteros na autovia Leon-Burgos, de ai ata Urbieta so paramos a repostar pasando Pancorbo. O redor das 19h chegamos o hotel MLC San Sebastian. De estrea, con so 15 dias da apertura, moderno e funcional. Aproveitei para ir correr uns 25 minutos. Quedamos para cear cos pais de Gabri e Iker, algo lixeiro.
Dia 2. Erguinme cedo para sair a correr. Desaiunamos no hotel unhas ricas tostadas con aceite. Hoxe tocaba partido as 12horas contra o Martutene. O resultado foi mais apretado que as sensacions, sen xogar especialmente ben, tivemos moitas ocasions. David estivo ben, pero con menos presencia da desexada. Cando entra en xogo o equipo empeza a xogar e cambia o ritmo. Parte do grupo, fomos comer o hotel, comemos ben, tiñan un menu por 16 euros moi variado. Aproveitamos para ver o partido Barcelona-Celta ata que tivemos que marchar. O Celta conseguiu poñerse por diante 1-3 para acabar perdendo 4-3 de maneira inxusta e cun penalti dudoso. Borja Iglesias marcou os 3 goles. As 18hora xogabamos contra o Osasuna que perdera claramente contra o Español. O Osasuna era un equipo similar a nos, non moi fisico pero con algo menos de calidade. Fixemos un bo partido, dominamolos completamente, creando moito e de diferentes maneiras. Acabamos 3-0. David estivo moito mellor, participando mais e disfruton como a el lle gusta. Despois do partido estivemos un momentos cos nenos e decidimos ir a San Sebantian a tomar algo. Aparcamos na zoa de Gros. Achegamonos a ver a praia e dali camiñamos ata a Catedral. Achegamonos o Bar Sport, onde quedaran parte de grupo.. as veces ai que deixar de lado actitudes un tanto discutibles e achegarse para facer grupo... o redor dunhas cervezas e entre risas, faise piña, ainda que e inevitable que as conversar de sempre poñanse sobre a mesa.. os que xogan pouco, os favoritismos, as distintas baras de medir etc etc.. o unico que nos distingue a uns de outros e que ai un grupo que defende o seu xulgando os outros e outros que morden en parte o malestar e simplimente piden un pouquiño mais de minutos..e inevitable que se den este tipo de situacions, pero afortunadamente os nenos non se deixan influenciar de todo por as actitudes mais viscerais dos seus pais, e aceptan con normalidade os distintos roles dentro do equipo, que van cambiando cada pouco. Ainda asi ai malos indicios de situacions que interferen entre os nenos e...
Dia 3. O dia seguinte madrugamos para tratar de aproveitar o dia e achegarnos a Hondarribia. Chovia moito e tivemos que facer toda a visita baixo o paraugas. Pobo moi bonito no que estiveramos fai 22 anos aprox pero con outra temperatura. Calexeamos ata chegar a sua Igrexa pouco mais abaixo do Parador. Habia diversa actividades de Semana Santa. Soldados romanos percorrendo o pobo, reguifas dende as balconadas, encerro de vaquillas etc.. agardamos ata as 12:30 para ir a misa. O acabar, tomamos algo e fixemos tempo para ir comer o Asador Sutan. Local bonito, modernista, ubicado no medio duns viñedos. Viñedos alguns deles marcados na sua cabeceira co nome do local onde se servia o seu viño. O menu foi con un entrante de crema de calabaza cun leve sabor a laranxa, de entrantes esparragos, alcachofas e croquetas de anchoa. De plato forte 1.200kg de carne a brasa, de postre torrijas, con cafes, un par de viños e augas, precio final por cabeza 51 euros.. para min algo caro. Pretencioso, .. salvo a sorpresa do entrante, patatas regulares, pan sin carisma, e os viños excesivamente caros...a comida alargouse para sair co tempo xusto de chegar a Zubieta. Bonita a cidade deportiva da Real Sociedade, uns 7 campos en perfecto estado, nunhas instalacions feitas en terraza, con cal practicamente tes unha vision clara de todos eles.. todos con gradas .. Tocaba xogar co Español, rival potente o que nos enfrentaramos 3 veces, en 2 arrasaronnos, e outra compimoslle algo e nesta, a primeira en Fut11 conseguimos manter o tipo. Na primeira parte non estivemos mal, acabamos 1-0 pero xogando a remolque deles. Na segunda pese a encaixar 2 goles mais, xogamos con mais personalidade e mostrar as nosas virtudes... David non conseguiu brilar, o mais positivo e que foi de menos a mais... o final estabamos algo decepcionados.. marchamos para o hotel a tomar algo mentres viamos como o Real Madrid agarrabase a liga a costa do Athletic de Bilbao, 1-0 nos ultimos minutos a favor do Madrid.
Dia 4. O seguinte dia levantamonos cunha mensaxe de Hugo, o entrenador. Varios nenos estiveran vomitando de noite, semellaba que algo lles sentaran mal ou tiñan un virus.. quedamos con 12 xogadores, dos cales un so pudo xogar media parte... con este panorama e ainda asi merecemos gañar a loita polo terceiro posto, sen merecelo perdemos por 2-1...
David en xeral estivo ben. Notoo mais maduro, cun rendemento mais regular e xestionando mellor os contratempos e as dubidas. Confiado nas suas posibilidades, cun mellor posicionamiento e xestionando mellor os esforzos.. a mellorar, por dicir algo, a veces e demasiado correcto, sen asumir grandes riscos.. pero paso a paso. Seguir adquirindo recursos para chegado o momento poder atreverse a saltarse o guión e brilar...
Regresamos con calma cara Vigo.
jueves, 3 de abril de 2025
Como recordo .. acudir o Santiago Bernabeu con David.
Recordo que tiña anotado ir o Bernabeu, por doble motivo, por unha parte queria que David visitase grandes Estadios inspiradores e por outra parte apeteciame levar a meu pai o seu Estadio Santuario unha vez reformado. Asi, despois de duos fins de semana de traballar, tiña gañas de darme un capricho e asi a idea escomenzou a rondarme a cabeza. Recordo que intentei atopar entradas a traves da web o cal dende o primeiro momento semellou complicado. Xa metido no tema, decidin tirar de Richi, o cal era socio do Madri e igual me podia axudar. Como sempre dende o primeiro momento puxose a miña disposicion, non sin antes advertirme que o tema era complicado, pero eu xa estaba obcecado, traballei como ir e o fin de semana coincidia ben co partido de David, non era o partido mais atractivo, contra o Leganes pero a intencion era a que era.. asi estiven entra e sea na web pero seguía sin atopar entradas, e as que habia eran soltas.. meu pai finalmente decidiu desistir.. e como por milagre Richi conseguiunos dos carnets para o cuarto anfiteatro.. daba igual, 50 euros cada entrada-.. comprei billetes de AVE para a ida e en Iberia para a volta, total 107 euros + 62 euros.. e asi o sabado despois de comer tomamos direccion Ourense para coller o AVE.. eu feliz e David feliz e ilusionado.. o AVE como sempre alcanzando os 300 kms/h por momentos.. chegamos ainda de dia a Chamartin que estaba en reformas.. camiñamos os 2.9 kms ata o Estadio, paramos a comrprar uns bocatas de xamon e tortilla.. reunimonos con Jose o irman de Richi.. o Estado por fora impresiona.. con tempo decidimos entrar, chama a atencion que o control e menor quizas que en Balaidos.. o Estadio e funcional, con escaleiras mecanicas para subir, un envoltorio sinxelo para maravillarte cando accedes a grada e campo.. ali daste conta da magnitude, do excelente diseño para facer visible o espectaculo dende calqueira parte, a distintas zoas cos distinso precios, as pantallas, o rendemento publicitario, o cespede, a luz exquisita, os son envolvente, calefaccion, comodidade.. na nosa grada o pero e o empinado, pero sacrificio que garante a boa vision sen obstaculos... o Estadio estaba a revosar, o partido foi de poder a poder cun 3-2 non exento de polémica, o Madri de sempre, que parece que xoga con seus rivais... acabou o partido e visitamos a tenda do Madri, amplisima, a tope de xente e con precios prohibitivos, unha camiseta 185 euros... paseamos o redor do campo, tivemos ocasion de ver a Modric no seu BMW.. fixemos tempo para coller o metro e enlazar co cercanias que nos achegaría a T4. Recordo que esa noite cambiaba a hora, co cal non merecia a pena coller hotel, durmimos tirados nunha esquina no aeroporto, non facia frio, David adaptouse ben a situacion.. as 7:20 collemos o avion de regreso. Todo perfecto. Experiencia bonita.
domingo, 9 de marzo de 2025
Como recordo.. a viaxe a Londres
VENRES.Saimos de Vigo en coche. Imos por autopista hata Santiago. Aparcamos o coche lo lado da Estación de autobuses, diante dun estanco. Tivemos sorte, pois foi chegar e subir no autobus. Este nosn fixo o recorrido habitual, vai polo monte. O día está frio, hai resto de "follaca" nos montes. O autob´s vai vacio. Tres rapaces conversan alegremente, vense ilusionados coa viaxe. Xa no aeroporto temos o primeiro problema, pois olvidei imprimir o "Web Cheking" ou como se chame. Temos que pagar 10 euros por cada billete e 20 por unha maleta que superaba os 10 kilos. Facturámola.
Comunicannos o retraso do voo. Na espera, podo contemplar unha escea de outror tempos, un limpiabotas facendo o seu traballo de forma impecable, o cal no precio parece que inclúe uns minitus de conversa agradable. No camiño hacio o avíon un rapaz de Monforte de viaxe con outros amigos e uns maiores, salvase de quedar en terra por falta dunha autorización paterna para viaxar, requisito necesario para entrar no Reino Unido. Un fax urxente dende a Garda Civil de Monforte, soluciona o incidente.
O avión sae con 2 horas de retraso, pois o aeroporto de stansted estivo pechado por neve.
Xa no avión, todo nel transmite "low cost". a combinación de cores, os espacios, os uniformes e intentan venderche de todo. A viaxe e un paquete no que Ryanair trata de venderche o máximo posible. E curioso no ceo existe unha total equivalencia libra-euro. Será para non liarse ¿?
Chegamos a Stansted con neve. O vo foi tranquilo. Subimos no autobus que nos leva hasta Liverpool Street. Esta estación e de película. Todo o mundo se move con gran celeridade. Con moita intuición conseguimos comprar as Oyster Card. Coas prisas rompo a asa de maleta. Camiñamos hasta o hotel, teño a sensación de dar un rodeo. E noite. Entramos no hotel as 18h. O hotel está ben situado e semella moi acolledor. No ascensor temos problemas para chegar a planta, pois sen introcir a tarxeta, non podes acceder. Como debe ser.. Nos pasillos teñen maquinas purificadoras de auga e botellas. A habitación é acolledora. Temos máquina para infusions.
Saimos a pasear coa intención de pasar polo Tate Modern e o Shakesperare Globe. Fai frio, Londres e oscuro. Compramos lago nun Mark Spencer. Curioso supermercado. Curiosas cestas. Compramos Te de Ceilan, a pouco máis de 1 libra da prestixiosa marca Ahmad Tea. pasamos por diante da sede do Financial Times. Cenamos no Restaurante Thai, cerca do hotel. Tiña razón aquel que dicia que no centro de Londres é difícil atopar un negocio no que te atenda o seu dono, aparentemente son todos cadenas. Dito isto, tocou dormir.
SABADO.Madrugamos. A hora de pedir un descafeinado con leite armamonos un lío. Teñen ben estudiado o tema. Cobranche máis co normal pero dancho en cantidade. Ben abrigados camiñamos pola orilla do Tamesis ata o Big Ben. As primeiras sensación son de gran edificios coloniais, xente facendo footing cada un coa súa botella, banco rotos... todo normal. Salvo que en calqueira curuncho se percibe fervor nacional. A homenaxe os mortos nas guerras e constante, sobre todo na II Guerra Mundial. As rúas estám limpias. Chama a atención a cantidade de sinais en texto. Espectacualr o detalle do "look right, look left". Imos ata a Abadía de Westminister... teño complexo de Forrest Gump, participando en tantos decorados de tantas películas.. camiñamos por St James Park, coas suas ardillas, os restos de das bolas de neve o seu lago xeado. Chegamos o edificio onde reside a Garda Real, están cos preparativos, semella unha obra de teatro. Xa en Buckingan Palace e grande o alboroto, tes a sensación de que vai pasar algo importante. Todo moi organizado. Veñenme a cabeza as imaxes da película The Queen, co muro cheo de flores en homenaxe a Ladi Di... Tomamos un café a entrada de Hide Park, fai moito frio. Iniciamos unha longa camiñata polo parque. E enorme, inmenso, fantástico que no medio dunha das urbes mais caras do mundo se conserven estes espacios verdes. Apenas ten arbores. Hai espacios reservados para camiñar, correr, bicis, cabalos etc... cruzaste con xente variopinta e é bonito imaxinar quenes serán, que farán a onde irán... a camiña faise longa e o sol empeza a despuntar... Chegamos a Nothing Hill. Diante dun local hai un alboroto enorme de rapaces disfrazados e bebendo, pasa de mediodia, parece como se acordasen reunirse ali por algo.. entramos en Portobello, exemplo de multiculturalidade, de globalización... infinidade de postos de productos vintage, frutas, postos de comida, un caos organizados... xente tocando, homes anuncio, esas casas de onde parecen van sair en calqueira momento os Beatles... uns bloque de edificios que semellan casas sociais, recordan o Belfast das películas. Compramos pouco, comemos algo... de regreso entramos nun café homenaxe a Diana. Está cheo de fotos, incluso hai unha na que parece que sae do local... aínda que son pouco apaixonado destes temas, Londres venara a imaxe desta princesa. Camiñamos cara o Royal Albert Hall. Temos a sorte de poder comprar entradas para o Cirque de Solei. Pasamos polo Museo de Ciencia. Necesítase máis dun dái para velo con calma e dixerilo... por fín, diria miña muller, en Harrods. Moito luxo. Moita máis sente vendo que comprando. Chama a atención a cantidade de empregados exipcios ¿?. As dependentas son guapísimas. Todo recende a luxo. Ata a hora de pagar coidan do mínimo detalle na atención. Para ledicia miña, xusto ó lado está Zara. Avanzamos para coller un Bus. Son estupendos, costa entender a organización das liñas, pero en canto te adaptas resulta sinxelo. Chegamos a Picadilly Circus. Cenit da publicidade estática. Gran ambente. Adentramonos en Chinatown para cenar no Golden Dragon. Está a tope, hai cola, iso si que é un negocio. Isable está a punto de desfalecer por esgotamento... de aí o hotel a dormir.
DOMINGO. Despois do reparador descanso, toca actividade. Collemos un dos buses clasicos, co seu cobrador e todo. Imos a London Tower. Cruzamos a ponte e camiñamos pola orilla do rio moderna. Collemos un bus para Covent Garden. Alí hai follón porque hoxe é a entrega dos premios do cine británico. A zona é moi animada con actuacións de todo tipo...pasamos por Trafalgar Square e entramos na National Gallery. Impresiona tanta pintura. Fai sol.
Volvemos o hotel, Isabel quere descansar e eu aproveito para entrar en St Paul´s. Están con misa. O coro soa sobrecolledor, as cancions lembranme a película "Los chicos del coro". Vou hacia a City. Fabulosa combinación modernos rallaceos, edificiós clasicos e vellas iglesias. Relixión e Banco de Inglaterra, canta historia. De regreso camiño detras dunha parella de novios duns 13 anos moi británicos... Un pouco máis tarde xa estomos camiño do teatro. Lugar espectacular para un espectáculo rico en emocións. Unha viaxe o fantástico mundo do circo enriquecido con conceptos cinematográficos. Un bo fin de festa...
LUNS. Madrugamos con tempo suficiente para non ter sobresaltos. Saimos de Londres por unha zoa deprimente. Notase que e luns, a cidade e un fervedoiro. Chove con ritmo cansino. O aeroporto é un caos. O vo e tranquilo hasta a aterraxe. Santiago recibenos cun forte temporal, ventos de 155 km/h. O piloto demostra moita pericia. A xente volve a aplaudir nos avións...
Todo perfecto...
Comunicannos o retraso do voo. Na espera, podo contemplar unha escea de outror tempos, un limpiabotas facendo o seu traballo de forma impecable, o cal no precio parece que inclúe uns minitus de conversa agradable. No camiño hacio o avíon un rapaz de Monforte de viaxe con outros amigos e uns maiores, salvase de quedar en terra por falta dunha autorización paterna para viaxar, requisito necesario para entrar no Reino Unido. Un fax urxente dende a Garda Civil de Monforte, soluciona o incidente.
O avión sae con 2 horas de retraso, pois o aeroporto de stansted estivo pechado por neve.
Xa no avión, todo nel transmite "low cost". a combinación de cores, os espacios, os uniformes e intentan venderche de todo. A viaxe e un paquete no que Ryanair trata de venderche o máximo posible. E curioso no ceo existe unha total equivalencia libra-euro. Será para non liarse ¿?
Chegamos a Stansted con neve. O vo foi tranquilo. Subimos no autobus que nos leva hasta Liverpool Street. Esta estación e de película. Todo o mundo se move con gran celeridade. Con moita intuición conseguimos comprar as Oyster Card. Coas prisas rompo a asa de maleta. Camiñamos hasta o hotel, teño a sensación de dar un rodeo. E noite. Entramos no hotel as 18h. O hotel está ben situado e semella moi acolledor. No ascensor temos problemas para chegar a planta, pois sen introcir a tarxeta, non podes acceder. Como debe ser.. Nos pasillos teñen maquinas purificadoras de auga e botellas. A habitación é acolledora. Temos máquina para infusions.
Saimos a pasear coa intención de pasar polo Tate Modern e o Shakesperare Globe. Fai frio, Londres e oscuro. Compramos lago nun Mark Spencer. Curioso supermercado. Curiosas cestas. Compramos Te de Ceilan, a pouco máis de 1 libra da prestixiosa marca Ahmad Tea. pasamos por diante da sede do Financial Times. Cenamos no Restaurante Thai, cerca do hotel. Tiña razón aquel que dicia que no centro de Londres é difícil atopar un negocio no que te atenda o seu dono, aparentemente son todos cadenas. Dito isto, tocou dormir.
SABADO.Madrugamos. A hora de pedir un descafeinado con leite armamonos un lío. Teñen ben estudiado o tema. Cobranche máis co normal pero dancho en cantidade. Ben abrigados camiñamos pola orilla do Tamesis ata o Big Ben. As primeiras sensación son de gran edificios coloniais, xente facendo footing cada un coa súa botella, banco rotos... todo normal. Salvo que en calqueira curuncho se percibe fervor nacional. A homenaxe os mortos nas guerras e constante, sobre todo na II Guerra Mundial. As rúas estám limpias. Chama a atención a cantidade de sinais en texto. Espectacualr o detalle do "look right, look left". Imos ata a Abadía de Westminister... teño complexo de Forrest Gump, participando en tantos decorados de tantas películas.. camiñamos por St James Park, coas suas ardillas, os restos de das bolas de neve o seu lago xeado. Chegamos o edificio onde reside a Garda Real, están cos preparativos, semella unha obra de teatro. Xa en Buckingan Palace e grande o alboroto, tes a sensación de que vai pasar algo importante. Todo moi organizado. Veñenme a cabeza as imaxes da película The Queen, co muro cheo de flores en homenaxe a Ladi Di... Tomamos un café a entrada de Hide Park, fai moito frio. Iniciamos unha longa camiñata polo parque. E enorme, inmenso, fantástico que no medio dunha das urbes mais caras do mundo se conserven estes espacios verdes. Apenas ten arbores. Hai espacios reservados para camiñar, correr, bicis, cabalos etc... cruzaste con xente variopinta e é bonito imaxinar quenes serán, que farán a onde irán... a camiña faise longa e o sol empeza a despuntar... Chegamos a Nothing Hill. Diante dun local hai un alboroto enorme de rapaces disfrazados e bebendo, pasa de mediodia, parece como se acordasen reunirse ali por algo.. entramos en Portobello, exemplo de multiculturalidade, de globalización... infinidade de postos de productos vintage, frutas, postos de comida, un caos organizados... xente tocando, homes anuncio, esas casas de onde parecen van sair en calqueira momento os Beatles... uns bloque de edificios que semellan casas sociais, recordan o Belfast das películas. Compramos pouco, comemos algo... de regreso entramos nun café homenaxe a Diana. Está cheo de fotos, incluso hai unha na que parece que sae do local... aínda que son pouco apaixonado destes temas, Londres venara a imaxe desta princesa. Camiñamos cara o Royal Albert Hall. Temos a sorte de poder comprar entradas para o Cirque de Solei. Pasamos polo Museo de Ciencia. Necesítase máis dun dái para velo con calma e dixerilo... por fín, diria miña muller, en Harrods. Moito luxo. Moita máis sente vendo que comprando. Chama a atención a cantidade de empregados exipcios ¿?. As dependentas son guapísimas. Todo recende a luxo. Ata a hora de pagar coidan do mínimo detalle na atención. Para ledicia miña, xusto ó lado está Zara. Avanzamos para coller un Bus. Son estupendos, costa entender a organización das liñas, pero en canto te adaptas resulta sinxelo. Chegamos a Picadilly Circus. Cenit da publicidade estática. Gran ambente. Adentramonos en Chinatown para cenar no Golden Dragon. Está a tope, hai cola, iso si que é un negocio. Isable está a punto de desfalecer por esgotamento... de aí o hotel a dormir.
DOMINGO. Despois do reparador descanso, toca actividade. Collemos un dos buses clasicos, co seu cobrador e todo. Imos a London Tower. Cruzamos a ponte e camiñamos pola orilla do rio moderna. Collemos un bus para Covent Garden. Alí hai follón porque hoxe é a entrega dos premios do cine británico. A zona é moi animada con actuacións de todo tipo...pasamos por Trafalgar Square e entramos na National Gallery. Impresiona tanta pintura. Fai sol.
Volvemos o hotel, Isabel quere descansar e eu aproveito para entrar en St Paul´s. Están con misa. O coro soa sobrecolledor, as cancions lembranme a película "Los chicos del coro". Vou hacia a City. Fabulosa combinación modernos rallaceos, edificiós clasicos e vellas iglesias. Relixión e Banco de Inglaterra, canta historia. De regreso camiño detras dunha parella de novios duns 13 anos moi británicos... Un pouco máis tarde xa estomos camiño do teatro. Lugar espectacular para un espectáculo rico en emocións. Unha viaxe o fantástico mundo do circo enriquecido con conceptos cinematográficos. Un bo fin de festa...
LUNS. Madrugamos con tempo suficiente para non ter sobresaltos. Saimos de Londres por unha zoa deprimente. Notase que e luns, a cidade e un fervedoiro. Chove con ritmo cansino. O aeroporto é un caos. O vo e tranquilo hasta a aterraxe. Santiago recibenos cun forte temporal, ventos de 155 km/h. O piloto demostra moita pericia. A xente volve a aplaudir nos avións...
Todo perfecto...
Como recordo le "Mas alla del invierno" de Isabel Allende
Recordo que daquela miña nai estaba nun grupo de lectura na Biblioteca de Mos. Por este feito, as veces regalabanlle algun libro e asi e como chegou as miñas mans "Mas alla del invierno". Collino sen grandes expectativas, pois sen ter lido nada de Isabel Allende preveia o que me ia atopar. O libro xira en torno a vida de 3 persoas que por casualidade cruzan as suas vidas, o feito que aproveita a escritura para definir as persoaxes, voltando o seu pasado e adentrandose en temas recurrentes da literatura sudamericana: os desaparecidos, os desfavorecidos, a morte violenta, o amor , a desesperacion, o abuso... o libro resulta facil de ler, a escritora consigue que empatices cos personaxes e sen apenas esforzo retente pegado as follas sen facer un gran alarde literario... libro para sumar lecturas pero sen nengun pouso especial..
Como recordo a viaxe a Dubai
Recordo que aproveitando que David participaba nun Torneo de Futbol 9 en Dubai, tiña anotadas estas datas no calendario para ir. Non coincidia ben, pois era final de mes, e por outra parte coincidia coa Carnaval Cup, que se celebraba en Cataluña a onde normalmente acudian. Para a Carnaval compramos billetes de avion para aproveitar o bo precio, cartos que perdemos pois finalmente non acudimos e non atopeia a forma de canxealos.
Recordo que o preparativo da viaxe a Dubai foi un pouco estresante. Como sempre no Celta ata case 15 dias antes non confirmaron convocatoria. Con este dato, iamos acuidir moitos pais, co cal xurdiu a tormenta de ideas e os medos, temores e supostos de cada un. Andiven lento hora de reservar e finalmente collin os voos, Vigo-Madrid-Estambul-Abudhabi-Estambul-Barcelona-Vigo... paguei o mesmo pero quedaba un dia mais. O tramo mais importante faciao con Pegasus Airlines, compañia que non coñecia, pero que despois se confirmou cunha puntualidade perfecta. Asi como nos erguemos o dia de febreiro de 2025 as 6:15 para facer os ultimos preparativos con tempo, voltar comprobar documentacion e revisar que David (marchaba mais tarde) tivese todo o necesario. Saimos algo tarde da casa, a esa hora xa hai moito trafico, xa chegando o Aeroporto Isabel deuse conta que non collera o DNI, tivemos que dar volta, poñendonos en mans de calqueira imprevisto. As 8:05 estabamos entrando polo aeroporto, para pasar o control e embarcar case os ultimos. Voabamos con Air Europa, saimos as 8:40 para chegar puntuais a Madrid. Reunimonos todo o grupo. Eles viaxaban con Turkis Airlines as 12 e nos as 12:50.. o seu vo acumulaba retraso.. o noso cheo a rebosar, saiu puntual.. o voo, de 4 horas foi normal, cando estabamos chegando a Estambul, chamabame a atencion a paixase toda salpicada de zoas blancas, eu pensaba que era area, pensaba que o relevo era desertico, o achegarme o Aeroporto dinme conta do erro, sobre Estambul caira unha nevada fortisima facia uns dias, de certo chegamos con 2 grados centigrados, estaba sorprendido, pois non era consciente de que poidesen chegar a estas temperaturas e menos neve. A terminal onde aterramos ere toda case de Pegasus Airlines, co cal poucas esperanzas de atopar os compis de viaxe. Esta parte do aeroporto ten moita actividade e xa se respira ese ambente caotico de Estambul. Tratamos de dar de alta a wifi gratis, e non foi posible, co cal estabamos incomunicados, pois a tarxeta que comprara de Holafly activavase en Emiratos Arabes. Compramos uns bocadillos e algo de bebida, 1440 liras (un 38 euros).. tratei de pagar con varias tarxetas e non me aceptou, todo eran atrancos. Tratei de comprar unha auga nunha maquina e tampouco, finalmente compreina por 92 liras.. sorprende os precios nos aeroportos, desproporcionadamente caros... pasamolo rato, ata subir o avion as 22:20 hora local. Durante o voo, tivemos algunhas turbulencias. Por momentos pasamos por encima de terras salpicadas polo que parecian campos de petroleo, pois percibisea a chamarada destes.. cando nos achegamos a Abudhabi, dende arriba aprecias o seu perfecto diseño, con amplias avenidas, cidade moderna..o aeroporto transmite modernidade, sen reparar en luxos e tecnoloxias. Pasamos o control de pasaporte sen problema. Levounos algon de tempo atopar a zoa do Rent a Car. Cando identifique as cores do noso Rent a car, ali fomos, sentamonos entreguei a documentacion e condo o mozo ia realizar a alta, deuse conta que nos sentaramos en Europcar e nos contrataramos Enterprise, rimonos ambos e amablemente indicaunos onde dirixirnos.. algo que percibes en Emiratos nada mais chegar e o orde e a amabilidade.. o rapaz de Enterprise moi amable indicoume que me trabucara na reserva, pois reservara un dia mais, fixome o cambio restandome ese dia.. para entendernos tiven que utilizar o traductor do iphone, moi amable explicounos todo con correccion.. igualmente a persona que nos entregou o coche un Ford (tipo Kuga, automatico).. explicounos todo, aconsellounos facer un video, e curiosamente anotou que nos entregaba o coche con 3/8, non cheo. Activei a tarxeta Holafly, e empezaron a chegarnos as mensaxes, os compañerios quedaran atrapados en Estambul, non poideron enlazar co seguinte voo e tiñan que pasar un dia mais en Estambul, co conseguinte cabreo...nos collemos direccion o Hotel Rove at de Park, chegamos as 6:30 hora local, foron 70km de autopista, salpicada de constantes mezquitas. Atendeunos un rapaz moi amable que nos explicou todo perfectamente, cando me cobrou, semellou que era menos do que pensaba, achaqueino o tipo de cambio. Invitounos a pedir dende a habitacion, cafe, auga etc.. cando xa estabamos instalados soou o telefono, pensei, que amable insistenos en tomar algo, non lle entendin nada, eu so dicia "no, thanks".. o pouco rato chegou o rapaz con tpv para disculpandose dicirme que por erro cobraranos de menos.. ambos rimonos...
Dia 2
Dormimos o suficiente para repoñernos da viaxe anterior, unhas 5 horas. O dia non estaba quente, facia moito vento. Para aproveitar o tempo que tiñamos antes do primeiro partido, achegamonos hacia costa.. sen querer achegamonos a praia coñecida pola practica do Kitesurf. Tiña un amplio parking cheo de autocaravanas, algunhas tipo autobus.. facia moito vento e ata a area molestaba nos ollos. Xusto o lado habia un circuito de terra, onde alguen estaba disfrutando de conducir un deportivo queimando adrenalina... como xa tocaba comer e non desainaramos, decidimos ir hacia onde se celebraba o Torneo, o Ghastoot Racing Club. De camiño parei a repostar, o precio da gasolina e de 0.60 ctmos.. dixenlle o pakistani "full" e curiosamente, cando semellaba estar cheo, fixome encender o vehiculo para que o deposito admitise algo mais de combustible, quedei sorprendido.Comemos no Restaurante Ghastoot. Restaurante de carretera con enorme trasiego de xente. Uns paraban a coller un te ou cafe (tiña como un servicio rapido), outros collian comida para levar, xusto na entrada un comedor cheo de obreiros en mesas comuns, o lado un comedor con biombos para familia e arriba un comedor "deluxe", sitio tipico, que non daba bo aspecto pero onde comemos ben e barato.. unha ensala, pan de pita con humus, dous platos de pasta rica, e polo asado, zumo de piña, coca-cola, cafes e xelado.. o cambio 27 euros..Tomamos direccion o campo. Aquilo era un club de polo, con instalacions amplias e luxosas.. xogabase en herva natural a futbol 9, con porteira de futbol 8.. polo visto no primeiro partido, semellaba que ia haber poucos espacios, moito contacto e futbol atascado.. perdomo 1-0 contra o Driblz SC (Al Jazira SC, Fursan Hispania FC B)... merecemos poñernos por diante, pero marcaronos de penalti e despois apenas tivemos ritmo de xogo.. David estivo ben, deu unha asistencia, anularonlle un gol, tivo presencia e xogou con personalidade... esta derrota deixou algon de decepcion.. o acabar liamonos falando con Alex Calvo e non pudemos saudar os nenos, algo que necesitaban...xo chegaramos para o primeiro partido: Jose, Iria e Jorge, que decidira pagar un billete a parte e non quedar retido en Estambul... decidimos ir visitar o Burj Kalifa e o Dubai Mall. Costounos chegar, debido o tráfico, xa ali aparcamos no parking do Dubai Mall que e gratuito... o espectaculo da cidade impresiona, eu creo que non hai nada semellante.. entretivemonos admirando os diversos rallaceos, cada un, un capricho arquitectonico... recorremos todo o entorno do lago, parandonos cada vez que se iniciaba os espectaculo de luz, son e chorros na fonte... ceamos unhas pizzas por 32 euros... David tentou falar con nos, pero a aplicacion de chamada de whatsapp non lle ia, notabase que necesitaba falar con nos... enviume unha mensaxe que non me gustou, forma parte dunha cara do futbol, quiza necesaria pero que me entristece... un neno de 12 anos non pode enviar unha mensaje pedindo disculpas polo partido que fixo ¿?, decindo que non mereciamos isto polo esforzo que fixeramos en ir ata ali... tocaba averiguar de onde viñan esas palabras, pero estaba convencido que viñan provocadas por unha bronca, non o entendia, pois colectivante o equipo non estivo tan mal, e David individualmente deu un rendemento medio-alto.. e triste pero tera que acostumarse a convivir con estas situacions si quere perseguir o seu soño...
Dia 3
Despertei cedo. Quedaramos para sair do hotal as 9 aprox. Cando chegamos abaixo o grupo estabase organizando parac coller os taxis. Fora un acerto alquilar un coche. As distancias neste caso en Dubai facianse longas en espacio e tempo, e supoñian un desembolso extra. Tocaba xogar un partido que ia marcar o noso camiño no campeonato. Gañamos 3-0 e David recuperou a sua posicion no mediocentro facendo un bo partido. O futbol fluiu e incluso animouse con algun disparo. Pudemos falar con el o acabar, non sei si era o cansancio da viaxe ou o pouco durmir, pero notabao algo extraño.. necesitaba do noso cariño.. non sei que lle afectaba: se a presion, celos, algun detalle de convivencia .. ¿??.. aproveitamos o tempo libre para achegarnos a Marina de Dubai.. aparcamos pegados a Marina e pagamos 10 dirhams a hora.. o lugar e impresionante, rayaceos por todos lados rodeando unha canle de mar, conxunto estetico impresionante.. buscamos un local para comer parte do grupo todos xuntos nunha terraza.. comemos ben.. paseamos pola ribeira, a temperatura era boa.. observamos que seguiase construindo, os turnos de traballo eran de 12+12 horas.. case todos pakistanies.. voltamos hacia o campo, tocaba xogar as 17h co Furhsan B, semellaba ia ser sinxelo pero costau algo mais do previsto, acabamos gañando 2-0. David saiu de cara para acabar xogando 25 minutos. Tal vez por iso estaba un pouco contrariado.. levaba 15+30+25. Falamos algo con el para despois ir todos xuntos hacia o Burj Kalifa. Outra vez atasco para tarda 1 hora 30 minutos. Reunimonos todo o grupo para subir ata a planta 124-125 por un 47 euros. O edificio mida 840 metros. O ascensor sube a moita velocidade. Dende arriba comprobas como altos rayaceos quedan en nada, e podes aprecia a magnitude desa cidade. Baixamos e falamos con David por videochamada, seguia demandando a nosa presencia...Decidimos ir probar cear nunha zona de restaurantes. Sentamonos nunha terraza de vistas privilexiadas, cobraronnos por 2 augas de litro 25 euros.. decidimos levantarnos en non pagar os excesivos precio (Estrella Galicia 24 euros).. Ceamos nunha cadea de hamburguesas americana Five Guns ¿?.. curisamente permitianche acompañar a cea con cacahuetes ilimitado.. cando chegamos o hotel eran as 1:30
Dia 4
Levanteime cedo. As 8:30 estaba facendo algo de deporte no ximnasio. Uns 50 minutos para queimar grasas e activarme. Ducha e saimos hacia o campo. Tocaba eliminatoria contra o Chelsea. Acabamos 0-0, para gañar a penalties 4-2. David xogou 30 minutos. Ben, dando equilibrio e facendo futbol. Coa sua saida o equipo perdeu algo de control. Tocoulle tirar un penalti e marcouno, tirando con confianza e enganando o porteiro. Ledicia inmensa de pais e nenos. Celebramos xuntos e os pais marchamos a comer o Restaurante Chantoo. Tiven que facer varias viaxes para levar os 29. Comemos bastante ben, e como anecdota cando fomos a pagar pedimos a conta, deixouna na nosa mesa, eran 630 dirhams, pagou Dani todo e criamos que se correspondia o pago da nosa mesa, pronto nos demos conta de correspondia o total. O camareiro non deixaba de disculparse por ternos cobrado todo e nos riamos sin entender que fora tan barato, apenas 5-6 euros por persoa,. fixemos unha foto de grupo na entrada e collemos taxis para ir a Marina. Ali resereservamos un bonito yate para percorrer polo mar toda esta zoa e maravillarnos da sua espectacularidade. Musica, risas, bonitas fotos, algo de oleaxe.. asi pasamos o resto da tarde. De volta pasamos por unha mezquita onde semellaba habia unha recepcion de personalides importantes, estaba a piques de escomenzar o Ramadan. A cuadrilla do coche decidimos ir a zoa de Jumegal. Había un zoco moderno espectacular, nunha zoa construida con gusto e moi cara... Ceamos na Pizerria Toscana, unha ricas pizzas. O posto tiña mesas pequenas, con cal elevaban as pizzas para poder poñer as bebidas debaixo e curiosamente os musulmans comian a pizza con guantes ¿??.. dali tomamos direccion o hotel, para chegar a 1:00
Dia 5
Hoxe tocaba futbol todo o dia, si todo saia ben. Erguemonos algo mais tarde, ainda asi pudemos ir 30 minutos o ximnasio. Tocaba eliminatoria para o Milan. Semellaba ia ser un partido duro, polo que se decia era un equipo a batir, moi fisico e con calidade. Cando chegamos estaban quecendo e si tiñan varias torres. Dende o quecemento trataban de xogar coa psicolixia, facendonos esperar no campo. De inicio os grandes non xogaban, e pronto pagaron o exceso de motivacion, pois o porteiro equivocouse duas veces e foi expulsado. Cun xogador mais controlamos perfectamente o partido, para gañar sen sufrir. Pasamos a semifinal contra o Levante Azurro de Bari, que viña cunha traxectoria moi boa. Non foron rival para nos, xa que gañamos 5-0. O resultado amplio permitiu o entrenar facer moita rotacion e que todos poideran participar, co cal chegariamos a final coa xente mais fresca. Tocaba final contra o Madrid que eliminara na semifinal a un equipo exipcio, polemico, pois paraceia que os seus intregrantes tiñan mais idade da permitida.. na final habia moito ambente, e o publico estaba con nos.. o Madri apretou de inicio e puxose gañando 4-0, nos estabamos noqueados.. pero pouco a pouco e con moitos cambios e con rapaces con gañas de demostrar, conseguimos equilibrar o partido.. finalmente eles nun ultimo arreon, gañaron 6-4.. como equipo o Torneo foi espectacular. O rendemento de David foi bo, ainda que en momentos importantes non tivo a presencia agardada. Cando el esta no campo os xogo do equipo e mais fluido e ordeado, sabemos a que xogamos. O adestrador dalle a responsabilidade do xogo de estratexia. Posicionalmente mellorou moito, comprendendo a importancia de estar no exe. Cada vez atopa mellor os espacios entre lineas, e sigue movendose con intelixencia para permitir os movementos dos compañeiros. A mellorar, que o seu rendemento foi de mais a menos, que por momentos segueno asaltando as dubidas, notase cando sabe que non esta ben ou errou, semella mirar xa para a banda, agardando un posible cambio.. duda de si. Sufre cando os partidos descontrolanse, e aí os mais atrevidos, gañanlle o espacio que el se deixa arrebatar. Son situacions que a de ter que ir mellorando con tempo, asi como o seu fisico.. as veces no reparto de roles, non esta no top top co cal e sacrificado.. egoistamente eu penso que el sempre poderia estar no campo, ben de mediocentro, interior e incluso de lateral.. como mediocentro da control de partido e futbol, como interior faltalle ser mais incisivo e vertical, mais agresivo no un contra un.. no lateral poderia xogar perfectamente, pois daria profundida e perigro por banda.. toca seguir traballando... fixemos fotos da entrega de Trofeos na que Iker gañou premio o mellor porteiro...decidimos ir cera algo con Iria e Jose e despois levalos o seu hotel, seríamos os ultimos en deixar Dubai
Dia 6
Tratamos de durmir mais tempo, pero espertamos cedo. Seguia dandolle voltas a algunha situacion do Torneo. A idea era aproveitar o dia para acudir a zoa de Al Fahidi, o Bur Dubai Soug (antigo zoco) e zoa de Al Seef. Aparcamos o coche nun parking do Carrefur, e camiñamos polo orilla do canal, par ir adentrandonos no zoco antigo, pouco interesante, pois outros paises teñen unha zoa antigua moito mais interesante... fixemos algunhas compras, practicando o regatear, as veces con exito e outra con fracaso.A Sergio compramoslle a camiseta de Ronaldo e a David a de Neymar, dos seu pasos por Arabia. Despois de tomar uns pasteles nunha terraza, voltamos o Carrefur para comprar canela e algo de fruta. E curioso comprobar como a orixe nos productos nesta parte do mundo xira hacia Asia.. os precios proporcionalmente eran similares os de España.. para sair do parking tivemos problemas, pois a maquina so aceptaba pago en efectivo... despois de varion intentos e de ter que acudir a unha casa de cambio (por certo desagradables) buscando efectivo, dous gardas moi amables, accederon a levantar a valla e deixarnos sair...Tomamos direccion Abudhabi, non sin antes parar ultima vez no Chantooa a comprar uns kebac... a autopista hacia Abudhabi esta salpicada por innumerables mezquita.. a Gran Mezquita de Abudhabi, e impresionante.. blanca rodeada por una luz azulada resalta na noite de xeito impresionante...hoxe escomenzaba o Ramadan e estaba ateigada de xente con fortes medidas de seguridade.. pasas escaneres, tes que descalzarte e na entrada separan homes de mulleres.. percorremos o seu redor e logo tomamos direccion as Torres Ethinad. Perto habia unha gran construccion que semellaba o Palacion do Emir... de camiño o aeroporto fixemos tempo tomando algo e vendo o Manchester City - Pymurth.. de ai seguimos hacia o aeroporto, chegando con tempo para devolver o coche sen incidencias... desa hora habia moito movemento no aeroporto. Entretivenme vendo os destinos: India, Pakistan, Bangladesh, Republicas Rusas.. moitos paises musulmans.. compramos un recordo para Paula cos ultimos dirhams e agardamos a saida do vo as 01:15 hora española... por certo, o precio nos aeroportos, non os acabo de entender, son acordes o que o viaxeiro pode pagar, non o custo real..a Estambul chegamos puntuais.. o aeroporto de Estambul e caotico.. buscamos a nosa porta de embarque .. tomamos uns cafes carisimos e servidos de xeito pouco xentil.. no baño das mulleres, escaso, a cola era de 40 persoas... todo caotico... saimmos rumbo Barcelona puntuias.. chegamos ben pero algo ansiosos para pasar o control de pasaportes, pois ainda tiñamos que cambiar de terminal.. todo saiu ben.. chegamos con tempo o vo de Rayanair .. as 15:30 estabamos en Vigo.
jueves, 9 de enero de 2025
Como recordo ler "La isla de la mujer dormida" de Arturo Perez-Reverte
Recordo que nun periodo no que me bloquearan o carnet da biblioteca por algun retraso, pedinlle a miña nai que me deixara ler este libro que lle acababan de regalar. Fixeno sen moito entusiasmo pois preveia o que me podia atopar. Do que lera de Arturo Perez-Reverte, do que sabia da sua prolifica carreira, o que agardaba foi o que atopei. "La isla de la mujer dormida" e un cocktail de contidos axitados, aderezados con algo de intencion e que dan como resultado, un libro fácil de ler, que mezcla amor, sexo, drogas, espioxe, Guerra Civil etc.. a todo isto ambientado no Mediterraneo Grego.. salpicado de pinceladas historicas e pouco mais.. Arturo Perez-Reverte e un escritor que se gaña moi ben a vida facendo o que fai e trata de disfrutar de cada investigacion para cada libro. Literariamente pouco que aproveitar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)